/FINALIZA O CAMPIONATO DE VOLEI PRAIA DE SELECCIONS AUTONOMICAS.

FINALIZA O CAMPIONATO DE VOLEI PRAIA DE SELECCIONS AUTONOMICAS.

   Finalizado o Campionato de
España de Voleibol Praia de Seleccións Autonómicas, a expedición galega
xa está de volta despois dunha longa viaxe realizada por estrada dende
Playa de Las Palmeras, en Los Alcázares, Murcia.
    As escuadras galegas feminina e masculina, medíronse este fin de semana ás mellores sub-17
pola conquista do título nacional. Comezaron a competición as rapazas
enfrontándose á Comunidade Valenciana, ao cabo subcampiona, cunha
derrota nun encontro disputado no que conseguiron o primeiro set, pero
cederon os dous seguintes pola mínima. O seguinte partido sería contra
Melilla, a quen derrotaron cun marcador axustado en tres sets, vitoria
que daba posibilidades ás galegas, pero que se frustraron pola tarde coa
derrota ante Cantabria, o que lles daba o pase á final de consolación,
na que se enfrontaron a Canarias cun resultado de 2-0 favorable ás de Eloy Mahía
que pasaban a xogarse a clasificación final ante Aragón, cuxa vitoria
nos deixou en 10º posición. Boa actuación das galegas con bos partidos e
mellorando o resultado obtido o ano anterior, tendo en conta a escasa
preparación coa que puideron contar para este torneo.
    En canto aos
rapaces, comezaron moi ben o campionato con dúas vitorias ante
Cantabria e Melilla en dous sets, o que os situaba en optimas
condicións para enfrontarse a Canarias polo pase a semifinais, pero non
puido ser, venceron os canarios nun partido moi igualado. Pola tarde
tiñan que xogarse o pase coa nada doada Valencia, que cumprindo os
prognósticos se impuxo aos galegos en dous sets, deixándoos na loita
polo quinto posto ante os anfitrions. Non fallou o equipo de Galicia
neste enfrontamento e impúxose por 2-0 a Murcia conseguindo a quinta
praza. Non mellora o resultado da anterior convocatoria, pero queda a
satisfacción de ter realizado un bo campionato despois de perder cos
equipos campión e subcampión.
CLASIFICACIÓN OFICIAL: RFEVB
FGVB 
TAGS: