/MARATÓN CORUÑA42

MARATÓN CORUÑA42

   Hoxe domingo celebrouse a Maratón Coruña42, proba na que tamén se disputaba o Campionato de España e o Galego da modalidade, con gran afluencia de público e de participantes nun día no que a climatología colaborou animando a todos os coruñeses a encher as rúas nunha excelente xornada lúdica e  deportiva.
   A vitoria foi para todos aqueles participantes que lograron cruzar a meta nun claro desafío de superación ante a mítica distancia de 42.195mts nunha proba cunha organización impecable.
  Xa no plano estrictamente competitivo, destacar a vitoria obtida polo atleta segoviano Javier Guerra  cunha gran marca que o leva directamente a Moscú e suponlle o título de campión de España, en segundo lugar o galego Pedro Nimo, subcampeón de España e campión galego. En categoría feminina, a galega María Gestido alzouse co triunfo seguida da atleta Cristina Loeda.
   Un dos obxectivos do día organizado polo Concello da Coruña, é o de “Implicar a toda a cidadanía no desenvolvemento do maratón, sendo unha xornada dirixida tamén a espectadores, cunha oferta de actividades lúdicas para que o público anime festivamente aos participantes da proba, e goce ao máximo posible da cita atlética”.
  Neste contexto, ¡Animamos! Actividades, trátase dunha serie de actividades dirixidas ao público en xeral e aos máis pequenos en particular, que de forma paralela á carreira se articulan e ao longo da cidade en distintos puntos abertos a todo o mundo.
   O Club Voleibol Instituto Zalaeta, colabora coa organización de “Súbete a onda, xoga connosco ao volei praia” montando na praia de Riazor unha serie de canchas para o goce dun día ao aire libre e a popularización dun deporte apto para todo o mundo como é o volei praia. Celebráronse partidos con todo tipo de participantes, nenos e nenas que gozaron enfrontándose a pais e nais e persoas de distintas idades no que a diversión era o obxectivo.

  Lembrade que hai un concurso en Twitter cuxa finalidade é a promoción das actividades relacionadas co Maratón Coruña42, que dará comezo o domingo 21 e finalizará o domingo 28 ás 23:59 horas, organizado pola Concejalía de Educación , Deportes e Mocidade. É necesario ter unha conta en Twitter e ser seguidor da conta @Coruna42 e utilizar nas súas tuits #Animaciócoruña42. Trátase de evaluar o nivel de satisfacción dos cidadáns e corredores coas actividades realizadas, e ao final realizarase un sorteo entre todos os participantes.
   Aquí podedes ver as bases: BASES DO CONCURSO EN TWITTER.

   O noso “Hashtag” é:   #AnimacionCoruña42voleipraia
  

TAGS: