/NOTICIAS.

NOTICIAS.

   Onte sábado 14, finalizou en Blanes o Campionato de Seleccións Autonómicas 2012, no que Galicia participou con catro equipos obtendo uns magníficos resultados. Todos os equipos pasaron á primeira rolda, e tres deles chegaron a semifinais. Os compoñentes da expedición regresaron satisfeitos das prestacións deportivas dos seleccionados, e da súa actitude tanto dentro coma fora da cancha. Os resultados foron os seguintes:
   Infantil Femninino: Galicia 2º posto, Campión Catalunya.
   Infantil Masculino: Galicia 4º posto, Campión Andalucía.
   Cadete Feminino: Galicia 4º posto, Campión, Catalunya.
   Cadete Masculino: Galicia 5º posto, Campión Andalucía.
   Na excelente web oficial do Campionato podemos ver os RESULTADOS, así coma estatisticas, fotografías etc.
   Noraboa a todos os deportistas, adestradores e responsables de levar adiante este importante evento con éxito.

   MARATON A CORUÑA42

   Con gran éxito de participación celebrouse o 1º Maraton A Coruña42. Mais de mil corredores disputaron polas rúas da Coruña unha carreira na que se fixo co triunfo o etíope A. Tewodroj (2:19:47), sendo o 2º clasificado o galego Jorge Crespo (2:34:50), e en mulleres, María Cabadas fíxose co título galego feminino.
   Gran afluencia de público animando ós corredores e moi participativo nas actividades que paralelamente o discurrir da carreira se celebraron o longo do circuito. O Club Voleibol Instituto Zalaeta estivo presente na praia de Riazor onde, pese as inclemencias do tempo, celebrou o Maraton de Volei Praia. Dende aquí agradecemos ós asistentes a súa participación, e animamos á práctica desta especialidade da que está a punto de comenzar a tempada.
TAGS: