/Concentracions 2012

Concentracions 2012

Lydia Alonso

    Continúa adiante o traballo da Dirección Técnica da Federación Galega de Voleibol de cara a conformar ás Seleccións que participarán no próximo Campionato de España de Seleccións  Autonómicas , cunha nova convocatoria de xugador@s das categorías Infantil e Cadete feminina e Masculina.

A convocatoria de Cadetes Feminina será na cidade de Lugo o vindeiro  domingo día 25 no Pavillón Casa Do Deporte (Avda. Infanta Elena) a partir das 10:45. Para esta concentración está convocada a xogadora do CV Zalaeta, Lydia Alonso, que parece que se vai afianzando ó longo do ano , nestas convocatorias. Causa baixa nesta ocasión, por razón de estudos, a  central Andrea Rivas.
   Por outra banda, mañá sábado 24, xogarase no P. Instituto Zalaeta á 10:30, un partido de Infantís, que foi aprazado no seu día, entre os equipos CV Zalaeta e Calasancias Coruña.
   Tamén no mesmo escenario, o domingo terá lugar un partido preparatorio da Selección Galega Infantil Feminina que ten previsto enfrontarse a un combinado do CV Zalaeta ás 16:00.
   Por último, lembrar, que a noite do sábado ó domingo, adiantaremos a hora dos reloxos  1 h.
TAGS: