/CONCENTRACIONS 2011-1012

CONCENTRACIONS 2011-1012

   A Federación Galega de Voleibol continúa coas actividades relativas as categoría inferiores levando adiante o seu Programa de Actividades de Tecnificación para a Tempada 2011-2012, convocando nesta ocasión as Seleccións Infantil e Cadete para unha concentración que terá lugar os días 19, 20 e 21 do presente mes de Febreiro.
   A  Selección Cadete Feminina realizará a súa concentración, coma é habitual, no Pavillón dos instituos “Ollos Grandes” de “Lucus Augusti”, da cicade de Lugo, a partir das 10:45 do próximo domingo día 19 ate ás 18:15 do martes día 21. Nesta convocatoria están presentes as xogadoras do CV Instituto de Zalaeta Andrea Rivas e Lydia Alonso. Dende es Blog queremos felicitar ás xogadoras e tamén os adestradores polo magnífico traballo realizado.
www.caepsoria.com

     Así mesmo, tamén queremos  lembrar a  coruñesa Antía Rodriguez, xogadora de este Clube que actualmente se atopa na Concentración Femenina Permanente, Selección Nacional Juvenil 2011-2012, por segundo ano consecutivo no Centro de Tecnificación Deportiva “CAEP   Soria”.  Na imaxe de https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.caepsoria.com,  Antía aparece co nº 6.
TAGS: