/𝗖𝗔𝗠𝗣𝗜𝗢𝗔𝗦 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔𝗦 𝗕𝗘𝗡𝗫𝗔𝗠Í𝗡

𝗖𝗔𝗠𝗣𝗜𝗢𝗔𝗦 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔𝗦 𝗕𝗘𝗡𝗫𝗔𝗠Í𝗡

 

  O domingo 27 de Abril en San Sadurniño subimos ao máis alto do podium galego: por primeira vez o CV Zalaeta coronábase Campion de Galicia.
  Un torneo redondo o que asinaron estas nenas, que despois de ceder o primeiro partido da fase de grupos no tie-break co @cvribeirasacra lograría repoñerse e gañar os dous seguintes para pasar a semifinais.

  Despois dunha semifinal moi ben xogada ante o @naronvolea un rival que non o puxo nada fácil, as nosas conseguían o obxectivo e estaban na Final.
  Do outro lado da rede, desta volta, quizais o partido máis especial, contra as súas amigas do @voleibolrianxo 🧡 Que finalmente e pola mínima, con remontada incluída, foi para nós. Cantos saltos e canta alegría!
  Noraboa a este grupo e ás suas adestradoras, Andrea e Lucía, que xa eran de ouro pero agora con medalla incluída 🥇 e parabéns tamén as rianxeiras, polo seu gran campionato.
  Grazas a nais, pais, irmás, e demais que se moveron a San Sadurniño apoiar e animar ao equipo. Próxima parada: Valladolid, Campionato de España.

 

 Fotografías:  FGVB