/Mércores con M de Madriña: Patri

Mércores con M de Madriña: Patri

  Pechamos o último mércores do mes de Octubre con Patricia Santos e as súas ‘afilladas’, o equipo Infantil A.

  Comezaron as presentacións aínda que xa se recoñecían, as futuras estrelas de Zalaeta son habituais nas bancadas os sábados que o equipo de Superliga 2 xoga en casa, así que, polo menos de vista, nosas protagonistas de hoxe xa sabían quen era. Ademais, os luns crúzanse polos corredores do pavillón cando un equipo sae e o outro entra, polo que o primeiro achegamento destas dúas categorías estaba máis que feito.

  A colocadora comezou explicando a súa traxectoria deportiva no mundo do voleibol, comezando a xogar a unha idade máis temperá que á que o fixeron as súas afilladas, Patri daba os seus primeiros toques en 3º de primaria no Colexio Liceo A Paz, un recoñecido club no voleibol da Coruña. A actividade extraescolar pronto se converteu en hobby, para despois converterse en paixón, os anos ían pasando e o voleibol seguía tendo sitio na vida de Patri, tanto é así que hoxe, 20 anos despois, ségueo tendo. Pasou por todas as categorías de base do Liceo ata que cando finalizaba o seu último ano de categoría infantil, categoría na que militan as outras protagonistas de hoxe, tivo que dar un paso en busca doutro club que lle achegase continuidade a longo prazo. Foi aí, en cadete de primeiro ano, cando Patri recalou nas filas do Zalaeta. Hai 12 anos que vai convocada co equipo de Superliga 2, aínda que como ben lles contaba aos seus oíntes, o seu protagonismo e influencia no equipo non teñen nada que ver, as fases deportivas han ido cambiando, comezando como mera acompañante e llevadora de augas das súas compañeiras para desempeñar un papel importante no actual equipo.

  Cada unha das xogadoras infantís fíxolle unha pregunta a Patri, as súas inquietudes relacionadas coa compatibilidade do voleibol cos estudos, traballo e a vida en xeral, ocuparon gran parte das preguntas, sendo unha resposta común, compaxinar e esforzarse no equilibrio de todas as cousas que queremos facer no noso día a día.

  Por último establecéronse uns obxectivos de traballo para os próximos dous meses que ocupan cada unha das accións do voleibol, chegando a un consenso entre todas as xogadoras, quedou claro que teñen que mellorar para que Patri lles do seu aprobado e un regalito de Nadal.

  Mentres ambas as categorías traballan nos seus obxectivos particulares, madriña e afilladas non perderán o contacto e sempre que sexa posible as dúas partes irán ver xogar á outra para animarse.