/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 ARONA TENERIFE SUR 1

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 ARONA TENERIFE SUR 1

  Ás 19:30 comezaba no Barrio o partido de SF2 correspondente á 5ª xornada, no que o Autos Cancela Zalaeta impoñíase ao Arona Tenerife Sur, logrando 3 valiosos puntos que lle serven para manter a 5ª posición da táboa.

   O encontro, dirixido polo colexiado Marco Antonio Folgar, finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 19-25; 25-18; 25-18 e 25-16 (94-77).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Carla Figueroa, Alba Quirós, Susana Suarez, Noa Sánchez e Carlota Vilariño, adestrador Fernado Cueto.

ARONA TENERIFE SUR: Obi Na Ebi, Erika González, Elisabeth Rodríguez, Cristina Ikwuowma, Federica Zompatori, Obi Naike, Lucy Infoma, Nuria Meilán, Busrru Ayay, Marta Mateos e Andrea Hernández, adestrador Gabriel Navarro.

  Comeza o partido co Arona adiantándose no marcador a un equipo local que non está na cancha e cústalle entrar no partido. Un 1-6 inicial é suficiente para que as de Navarro manteñan as diferenzas e cun ataque superior ao Zalaeta, 29%, 10 puntos, 57% 17 puntos, logren poñer o 0-1 no marcador.

  Mellora o seu xogo o conxunto do Instituto neste segundo set, e adiántase desde o comezo para non dar opción ao rival, mellor ao saque e en ataque, as coruñesas logran remontar e empatar o partido. Continúa a melloría do Zalaeta, 7-1 ao comezo do terceiro, decae o ataque pero mellora a eficiencia no saque, e en bloqueo son superiores, o que lles leva ao cuarto e ao cabo definitivo set, e o mellor do encontro para as locais, que pechan o partido coa maior diferenza e os seus mellores números.

  Parece que ao equipo local cústalle entrar nos partidos, dando vantaxe ao rival, cedendo o primeiro set e tendo que remontar nos seguintes. No encontro de onte foron de menos a máis, logrando realizar tres bos sets para impoñerse ao Arona, e quedar cos puntos en xogo, que permiten afianzarse na parte alta da táboa. Nunha xornada na que os primeiros clasificados non perdoaron e comezan a marcar diferenzas serias na clasificación. Ambos os equipos estiveron igualados en ataque, 37% e 52 puntos para as locais e 37% e 51 puntos para as tinerfeñas. O Zalaeta supera ao rival en saque con 11 Aces e en bloqueo con 8 bloqueos, e reduce o número de erros no partido.

  Catro xogadoras do Autos Cancela Zalaeta superan os 10 puntos: Emma Ordoñez 17 puntos, 16 ataques e 1 bloqueo, Eleonora Guzzi 16 puntos, 3 ACES, 5 bloqueos e 8 ataques, Laura Vázquez 12 puntos, 4 ACES e Carla Figueroa 12 puntos. Por parte do Arona Ternerife Sur, máxima anotadora Erika González con 15 puntos, Naike Obi con 13 e Federica Zompatori con 10.

  A cargo do equipo do Instituto estivo Fernando Cueto, foi a novidade nesta semana de ausencia do primeiro adestrador, J. Barrero, que atendendo os seus compromisos coa RFEVB tivo que ceder a dirección ao seu segundo adestrador.

  A próxima xornada o Autos Cancela Zalaeta terá un difícil compromiso o sábado día 9, cun longo desprazamento, xa que xogará 6ª xornada diante o Extremadura Arroyo, no Municipal de Arroyo de la Luz, Cáceres. Este equipo ocupa a 6ª posición e atópase a 4 puntos da coruñesas, polo que puntuar na súa cancha sería importante. Será complicado, as estremeñas perderon no seu desprazamento a Lugo diante o Arenal EMEVE por 3-1, e quererán resarcirse diante o seu público.

                                        FOTOS DO PARTIDO DE J. VÁZQUEZ ……….. preme aquí