Vitoria do Autos Cancela Zalaeta no Barrio, coa que suma 3 novos puntos para situarse na metade superior da táboa de SF2.
O partido correspondente á 3ª xornada de liga regular comezaba ás 19:00, dirixido pola colexiada Aroa García e cunha duración de 01 h 20 m finalizou cun resultado de 3-0 con parciais: 25-23; 25-22 e 25-17 (75-62).
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Cristina G. Bermejo, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Carla Figueroa, Alba Quirós, Noa Sánchez e Carlota Vilariño. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.
cvleganes. com: Olivia Isidro, Andrea Moroto, Claudia Díaz, Lorena Rubiera, Isabel Ferreras, Alejandra Salleras, Natalia Rodríguez, Inés Echevarría, María Curto, Laura Almazán, Marta Florez, Alejandra Corcelles, Nada Essayadi e Sara Garcinuño. Adestradoras Marta Ballesteros e Noemí Santos.
Comezaba o partido coa madrileñas adiantándose no marcador ante un equipo local que non se atopaba na cancha, as de Ballesteros marcaban o ritmo a un Zalaeta que cometía demasiados erros: 11 soamente neste set ata o punto 20-17 no que logrou reaccionar e dominar a parte final para poñer, contra prognóstico, o 1-0 no marcador, con 11 puntos de Emma neste set.
No segundo vemos a un Autos Cancela Zalaeta mais centrado, contido en erros propios, domina o xogo, o Leganés só consegue un empate 8-8 e as de Barrero con pequenas diferenzas adiántanse de novo co 2-0.
O cvleganés.com vai de máis a menos, e nos comezos do terceiro afúndese cunha parcial inicial de 10-1 que decide o set e o partido coa maior diferenza do encontro, 25-17 co que as do Instituto reteñen os 3 puntos en xogo e ascenden postos na clasificación.
Á vista das estatísticas, as coruñesas foron superiores ao rival, 44 puntos de ataque ante 31, en bloqueo 9-2, ACES 7-4 e recepción 51% – 48%.
A mellor do encontro, a artilleira local Emma Ordoñez con 22 puntos, 2 bloqueos, 1 ACE e 19 ataques, seguida de Alba Quirós con 11 puntos, 2-1-8. Polo cvleganes. com, Olivia Isidro con 11 puntos, máxima anotadora, seguida de Nada Essayadi con 8 puntos.
Próximo partido ante o CV Sestao, que se disputará en La Benedicta de Sestao, equipo que aínda non estreou o seu marcador de puntos e poñerallo difícil ás de Barrero. O partido, o vindeiro sábado 26 ás 19:30.