/AUTOS CANCELA ZALAETA 0 ALGAR SURMENOR 3

AUTOS CANCELA ZALAETA 0 ALGAR SURMENOR 3

 

  Continuaba a competición do sábado cun enfrontamento Autos Cancela Zalaeta Vs Algar Surmenor, que dirixido polos colexiados José M. Moya e Miriam Buenestado finalizou cun resultado de 0-3 con parciais 17-25; 14-25 e 15-25.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Caludia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Cristina G. Bermejo, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

AD ALGAR SURMENOR: Carmen Barón, Isabel Barón, Vanessa López, Andrea Lucas, Rita Antolinos, Elena García, Miriam López, María García, Vitoria Soto, Teresa Hernández, Alejandra Cegarra, Desiree Gold e Vitoria Rosell. Adestrador David Sánchez.

  Segunda derrota das coruñesas pesar de que melloraron a súa actitude e o seu xogo, pero non puideron cun rival que buscaba a súa praza en SF1 e impúxose claramente.

  Nun primeiro set que comeza igualado , o Zalaeta adiántase no punto 9-8, pero a partir de aí comeza a ceder aos poucos o 0-1. No segundo, o xogo das galegas decae, soamente 7 puntos de ataque e así continúa no 3º que pecha o partido co resultado final de 0-3, sumando ás murcianas na loita polo ascenso.

  O Algar superou ao Zalaeta en ataque, 37-24, 23% e 35% e foi mellor en saque, con 8 ACES. En cambio as cvisitantes lograron mayor nº de puntos de bloqueo, 6-4 e mostráronse mais eficientes en recepción.
  Desiree Gold do Algar Surmenor foi a máxima anotadora do encontro con 16 puntos, todos eles de ataque, seguida de Vanessa López con 14. Polo Autos Cancela Zalaeta, Lidia Gudge con 9 Puntos, 6 ataques e 3 bloqueos, Emma Ordoñez 8 puntos de ataque e Laura Vázquez con 7.

  O outro partido da xornada que enfrontaba ao Kiele Socuéllamos co Extremadura Arroyo, finalizou cun resultado de 3-0 favorable ás de Socuéllamos, con parciais 25-21; 25-22 e 25-21. Con este resultado a anfitrioas asegurábanse unha das prazas de ascenso nesta Fase Final, mentres que as estremeñas citábanse co Algar para decidir a outra praza.