/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 AGUERE CIUDAD DE LA LAGUNA 0

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 AGUERE CIUDAD DE LA LAGUNA 0

  Nova vitoria de 3 puntos do Autos Cancela Zalaeta no Barrio ante o Aguere Ciudad de La Laguna que o sitúa como 2º clasificado e en posición de xogar o play off polo ascenso. O partido, correspondente á xornada nº 24 de SF2, comezaba ás 19:00 dirixido polos colexiados Pedro Pidal e Jesús Vázquez, e con 01 h 08 m de duración finalizaba cun resultado de 3-0 con parciais 25-18; 25-19 e 25-20 (75-57).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Mariño, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Cristina G. Bermejo, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

AGUERE CIUDAD DE LA  LAGUNA: Evgenija Milivojevic, Lucía Méndez, Iryna Brezgum, Andrea García, Cristina Gil, Antonija Legcevic, Inés Rubio, Emma Ríos e Nerea Pacha. Adestradores Ambrosio González e Juan J. Domínguez.

  Comeza o partido adiantándose o Aguere no primeiro parcial do primeiro set ata que un parcial de 5-0 deixa o marcador en 12-5, vantaxe que ás locais chégalles con administrar para pechar o set ao seu favor e poñer o 1-0 no encontro.

  O segundo set iníciase moi igualado, pero as visitantes, que só resisten no primeiro parcial, ceden terreo aos poucos ante un Zalaeta que toma o mando do partido para partir do 8-8 e de novo supera ás xogadoras de Ambrosio González, 19-9 en ataque, para lograr o 2-0.

  O terceiro é parecido aos anteriores, o equipo canario trata de xogar as súas bazas para remontar o encontro, pero atópase falto de ataque para superar ao rival, que nun parcial de 6-0 sitúa o marcador en 18-13 que lle aclara o camiño para pechar o set favorablemente deixando os 3 puntos en xogo no Barrio.

  Bo encontro de ambos os equipos, no que as do Instituto dosificaron o seu xogo e levaron o tempo do partido en todo momento para lograr unha acertada vitoria nunha xornada importante para a clasificación. Superaron amplamente ao rival en ataque, 49 puntos por 29 puntos, e en eficacia en recepción, un 49% ante un 28%. De novo Emma Ordoñez foi a máxima anotadora do encontro con 24 puntos, 22 ataques, 1 ACE e un bloqueo, seguida de Laura Vázquez con 16 puntos, 13 ataques e 3 ACES.

  Polo Aguere Ciudad de La Laguna, Antonija Legcevic con 15 puntos máxima anotadora seguida de Iryna Brezgum con 10.

  Con este resultado o Autos Cancela Zalaeta pasa a ocupar a 2ª posición da táboa e con iso, provisionalmente, un posto no play off de ascenso. Derrota por sorpresa do Extremadura Arroyo en casa ente o CAEP por 3-2, a pesar diso mantéñense unha semana máis na primeira posición aínda que cun partido máis, polo que deberá descansar a próxima xornada. En terceira posición o VP Madrid con 49 puntos e que non xogou esta fin de semana, pero que a próxima xornada ten un complicado desprazamento a Torrejón.

  O Autos Cancela Zalaeta depende de si mesmo, con todas as opcións abertas para a clasificación e a xogar a promoción. O vindeiro sábado 30 desprazamento a Teis para xogar contra o Xuvenil.