/SF2: CAEP SORIA 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 2

SF2: CAEP SORIA 3 AUTOS CANCELA ZALAETA 2

  O Autos Cancela Zalaeta puntúa na complicada cancha do CAEP Soria e tráese un valioso punto de Los Pajaritos, que lle serve para non perder o ritmo da cabeza da táboa, con vistas ao enfrontamento da próxima xornada co agora líder do Grupo A, o CV Torrelavega.

  O encontro disputábase en horario de mañá, comezaba ás 12:00, dirixido polo colexiado Alfonso López Díaz e finalizaba cun resultado de 3-2 con parciais 25-17; 25-22; 12-25; 23-25 e 15-9 (110-98).

CAEP SORIA: Ariadna Priante, María Otero, Raquel Montoro, Lidia Figueira, Claudia Fita, Vega Lope, Julia Vaquero, Carla Prieto, Julia De Paula, Marta Otero, Carolina Camino, Lucía Varela, Carla Jiménez e Itziar López. Adestradores Pascual Saurín e Begoña Saenz.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Mariño, Emma Ordoñéz, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Méndez Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas e Susana Suarez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Bo partido o xogado hoxe en Los Pajaritos polos dous equipos, moi disputado e que tivo dúas fases, unha para cada equipo. Comezaba adiantándose o CAEP, mellor en ataque que o rival, nun primeiro set que foi no que máis erros cometeron as coruñesas, 5 a pesar de cometer moi poucos en todo o encontro. 15 ataques, 3 bloqueos e 2 ACES déronlle o 1-0 ás locais.

  No segundo as sorianas continúan na mesma liña e o Zalaeta mellora os seus números pero non o suficiente para impoñerse, e o CAEP adiántase de novo. Pero a melloría no xogo do Zalaeta continúa e mellora en ataque e bloqueo, e sobre todo reduce considerablemente os erros, un só no set. A reacción das do Instituto prodúcese obtendo a maior diferenza do partido: 12-25.

  No cuarto decae o ataque das de Barrero, só 11 puntos por 19 o rival, pero continúa a eficacia do bloqueo coruñés, mellórase no saque e lógrase empatar o partido, nun final de set apertado, e con iso 1 punto dos 3 en xogo.

  E chegamos ao 5º, o desempate, no que as de Soria recupéranse e superan ao Zalaeta en ataque, 9 puntos, e en bloqueo, 2 puntos para facerse coa vitoria.

  Bo partido do Autos Cancela Zalaeta que cometeu moi poucos erros, 15 en total, e logrou 11 ACES e 10 bloqueos. Emma Ordoñez máxima anotadora galega con 23 puntos, 20 ataques, 2 bloqueos e 1 ACE, seguida de Eleonora Guzzi con 20 puntos, 14 ataques, 5 bloqueos e 1 ACE e Laura Vázquez 12 puntos, 11 ataques e 1 ACE.

  Polo CAEP, máxima anotadora e tamén do partido, Raquel Montoro con 24 puntos, seguida de Carolina Camino con 22 e Marta Otero con 17.

 Os resultados da xornada da fin de semana, deixan como líder do Grupo A CV Torrelavega, que se impuxo a domicilio ao cvleganes. com, que agora ocupa a 3ª praza. Pola súa banda o Extremadura Arroyo cede 1 punto na súa loita con VP Madrid e queda en segunda posición. O punto que sumou o Zalaeta en Soria déixaas na cuarta praza, empatadas con Leganés e cun partido menos.

  A próxima semana complicado desprazamento a Torrelavega para xogar contra o líder un encontro que pode ter relevancia para a clasificación deste grupo.