/DAMOS A BENVIDA A INTEST

DAMOS A BENVIDA A INTEST

  O apoio ao deporte é esencial, pola achega que pode realizar á sociedade en forma dunha vida sa tanto a nivel emocional como de calidade de vida, por tanto é unha transmisión saudable que reverte positivamente na contorna no que se desenvolve..

  A empresa deixou de investir en deporte, sobre todo naqueles chamados deportes minoritarios e nos clubs que parten do tecido social como os barrios, as diferentes asociacións e centros educativos, que son os que aglutinan á xente nova e as que ofrecen realmente alternativas lúdicas e de formación nos diferentes valores deportivos como a disciplina, labor de equipo ou esforzo para lograr un obxectivo.

  Trátase dunha actividade recíproca, axudo a construír unha sociedade máis saudable e obteño uns mellores resultados, persoas mellor formadas que van mellorar o meu rendemento e a miña imaxe. Por iso queremos dar a benvida a un novo colaborador do Club Instituto Zalaeta Voleibol, que desde o ámbito empresarial quere participar neste proxecto deportivo feminino, coñecedores, desde o punto de vista da área desde a que desenvolven o seu labor profesional, do valor saudable que transfire o deporte á sociedade.

  Que é INTEST?

  Intest é o test de intolerancia alimentaria que nos axuda a mellorar a nosa saúde, identifica as intolerancias alimentarias máis comúns e permítenos evitar os síntomas e problemas derivados. Ás veces a intolerancia a un determinado alimento é obvia, pero non é así sempre, para iso está INTEST.

  Problemas dixestivos, de pel, ou a máis longo prazo como ansiedade, fatiga, poden estar causados por algún alimento que presenta unha intolerancia alimentaria para quen sofre eses síntomas.

  As intolerancias alimentarias son reaccións adversas do organismo cara a alimentos, causadas pola incapacidade do intestino de dixerir ou metabolizar certos alimentos. É importante destacar que a resposta do sistema inmune é moi diferente fronte ás intolerancias alimentarias e diferénciase radicalmente da que ten lugar nunha alerg… ler máis

CodeBio é unha compañía biotecnológica formada por un equipo de profesionais, altamente cualificado e con contrastada experiencia profesional.