/SF2: UNIVERSIDAD VALLADOLID 0 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

SF2: UNIVERSIDAD VALLADOLID 0 AUTOS CANCELA ZALAETA 3

  Importante vitoria do Autos Cancela Zalaeta a conseguida hoxe no Pavillón Fuente de la Mora en Valladolid ante o equipo titular, que supón o billete a Mallorca para disputar Copa Princesa.

  O partido comezaba puntalmente á 18:30 dirixido polo colexiado López Díaz, e cunha duración de 01 h 06 m finalizou cun resultado de 0-3 con parciais: 21-25; 18-25 e 9-25 (48-75).

UNIVERSIDAD DE VALLADOLID:  Adriana Revilla, Esther Manso, Aida Illerías, Laura Cid, Jimena Tamayo, Mila Col, Raquel, Patricia Ramos, Andrea Pinillos, Lucía Olmedo, Sonia Martín e Rebeca García. Adestradores Hernández Martín e Ruiz Hervada.

AUTOS CANCELA ZALAETA Patri Santos, Emma Ordoñez, Lidia Gudge, Laura Vázquez, Tania Cobos, Eleonora Guzzi, Noa Sánchez, Paula Lema, Andrea Rivas, Inés Rivas, Claudia Gómez, Noemí Vázquez, Antela Couceiro e Susana Suarez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  Contundente e decisiva vitoria da coruñesas en Valladolid pola vía rápida coa que suman 3 puntos e continúan imbatidas unha xornada máis. Vitoria que significa a histórica clasificación do equipo do Instituto para disputar a Copa da Princesa 2019.

  Comeza o encontro cun primeiro set moi disputado no que ambos os conxuntos tiveron as súas oportunidades, adiantouse o Zalaeta pero as locais a punto estiveron de remontar nos últimos puntos ante o desconcerto das de Barrero que finalmente lograron pechar ao seu favor o 0-1.

  No segundo de novo as universitarias adiántanse ao comezo do set, pero o Zalaeta, máis centrado, cun parcial de 0-6 seguido doutro de 0-4, 4-11 no marcador, define o set e cobra unha cómoda vantaxe de fronte ao 0-2.

  No terceiro set as locais son superadas amplamente en todas as facetas do xogo por un equipo que o tiña claro, ía a noquear ao rival para gañarse a súa praza na competición copeira e a non deixar pasar a súa oportunidade, 50% de eficacia en ataque e acerto no saque finalizan o partido pola vía rápida.

  De novo Emma Ordoñez máxima anotadora do encontro con 17 puntos de 17 ataques, seguida de Laura Vázquez con 10 puntos, 6 ataques e 4 ACES, Lidia Gudge con 10 puntos, 7 ataques e 3 bloqueos e Eleanora Guzzi 9 puntos, 4 bloqueos. Un 44% de eficacia no cómputo do partido para o Zalaeta en ataque, 57% en recepción, 5 ACES e 8 bloqueos son os números das do Instituto no partido. E moi poucos erros cometidos, tan só 14.

  Por parte do UVA, Aida Illerías con 9 puntos, máxima anotadora do seu equipo seguida de Lucía Olmedo con 8 puntos.

  O Autos Cancela Zalaeta dependía se si mesmo para obter a clasificación, e non só aguantou a presión do 3ª e 4ª clasificados, que tamén cumpriron gañando os seus respectivos partidos, senón que soubo aproveitarse do resultado do Extremadura, que encaixou un set do Sestao, e cede a primeira posición da táboa ás coruñesas que finalizan a primeira volta como Campioas de Inverno do Grupo A.