/VOLEIBOL NO FIN DE SEMANA 1 E 2 DECEMBRO

VOLEIBOL NO FIN DE SEMANA 1 E 2 DECEMBRO

  Xornada nº 11 de SF2 que enfronta ao Aguere Ciudad de La Laguna co Autos Cancela Zalaeta o sábado ás 20:00 no Municipal Juan Ríos Tejera, nunha xornada na que o probable é que non haxa sorpresas, pero os partidos hai que xogalos e ao final sábese o resultado.

  Os primeiros clasificados xóganse as dúas prazas que dan opción a disputar Copa Princesa 2019, que se disputará en Mallorca. Extremadura e Torrelavega só dependen de si mesmos, se gañan os seus encontros as dúas primeiras prazas estarían adxudicadas, soamente en caso de fallo dun deles podería o Zalaeta entrar en xogo, a condición de que gañase os seus partidos xa que en caso contrario tamén o Leganés tería as súas oportunidades.

  O sábado, centradas na Laguna, as xogadoras de Barrero viaxan con 5 vitorias consecutivas e dispostas a ampliar o seu marcador positivo, ocupan a 3ª praza e as actuacións individuais das súas xogadoras son destacadas cada semana polos técnicos da RFEVB.

  Nesta ocasión, a central Lidia Gudge colócase como a Mellor Bloqueadora da xornada 10, e é incluída no Sete Ideal da Xornada, PARABÉNS!!

  En fronte terá ao Aguere que ocupa a 8ª praza con 10 puntos, e quererá consolidar a súa posición cunha vitoria ante o seu público. A ter en conta a actuación da súa oposta Iryna Brezgum e da receptora Antonija Legcevic, máximas anotadoras do equipo insular. O Autos Cancela Zalaeta sairá o venres con destino ás illas e regresará o domingo día 1.

  Boa viaxe e moita sorte!!