Vitoria do Autos Cancela Zalaeta no Barrio no encontro correspondente á 10ª xornada de SF2, que daba comezo ás 19:00, e dirixido polos colexiados Marcos Folgar e José A. Álvarez, tivo unha duración de 01 h 06m. Finalizou cun resultado de 3-0 con parciais. 25-18; 25-20 e 25-12 (75-50).
AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Crisitina G. Bermejo, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Antela Couceiro, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas e Noa Sánchez. Adestradores, Jorge Barrero e Fernando Cueto.
CUESTA PIEDRA Sta. CRUZ: Lara González, Nerea Arias, Sara González, Idaira Álvarez, María Pérez, Juliennis Regalado, Mariña Oliva, Alba Beira, Marlen Martín e Carlota Socas. Adestradores Juan F. Hernández e Javier Carracedo.
Sen facer un gran primeiro set, o Zalaeta impúxose ao rival aproveitando os seus erros e con eficacia na rede, 6 bloqueos. Mellor ataque do Cuesta Piedra, pero que non lle serviu para impoñerse no marcador, onde viu como as locais lograban un parcial de 4-0 que poñía o marcador en 21-16 e abría o oco definitivo para o 1-0.
No segundo as tinerfeñas manteñen a súa eficiencia en ataque, pero persisten nos erros, que ao cabo lles custarán o set ante as do instituto, que cometen moi poucos erros, soamente 3, e aos poucos van cobrando unha diferenza que non ceden e dálles a marxe suficiente para o 2-0.
No terceiro adiántanse as visitantes, pero un parcial de 8-0 lévanos do 5-5 ao 12-5, e a partir de aquí acabouse o set, impóñense as de Barrero, e tamén o partido.
Non defraudou Juliennis Regalado no Barrio, con 22 puntos, 21 de ataque, é a máxima realizadora do encontro no que protagonizou practicamente o 50% do ataque do seu equipo. Polo Autos Cancela Zalaeta, Emma Ordoñez foi a máxima anotadora con 15 puntos, seguida de Lida Gudge con 11, 5 bloqueos.
Próximo partido, xornada 11, lonxe do Barrio, toca desprazamento para xogar co Aguere Ciudad de La Laguna.
PARA VER O VIDEO DO PARTIDO….PINCHA AQUÍ