/FIN DE SEMANA 17 E 18 NOVEMBRO

FIN DE SEMANA 17 E 18 NOVEMBRO

  Fin de semana de actividade voleibolística para os equipos do Instituto, que esta fin de semana teñen partidos tanto o sábado como o domingo.

  O equipo de SF2 xoga fóra de casa un partido comprometido ante o Macohenares Servicasa Torrejón, segundo clasificado empatado co líder, ambos con 19 puntos. As de Canles de la Hoz veñen de perder na anterior xornada ante o Leganés no Emilia Pardo Bazán, unha derrota axustada na que obtiveron un punto, pero que non lles permitiu acceder ao liderado do Grupo A, polo que espera que traten de recuperarse na súa cancha no partido ante as coruñesas. O equipo do Instituto, en pleno refacho de triunfos e bo xogo, tentará facer valer neste desprazamento o seu xogo sen complexos e boa actitude na cancha, para quedar cos puntos en xogo, que lle permitan continuar nos postos de cabeza da táboa. O partido o sábado en Torrexón ás 19:30.

  Pola súa banda, os equipos de Ligas Galegas teñen a fin de semana ocupada, xogan todos os equipos ben o Liga Galega ou Fase de Zona.

  O Cadete B xoga ante o S. Sadurniño o encontro correspondente ao Grupo A de a 3ª división, e estrea a súa andaina na categoría ás 10:30 no Pavillón do instituto.

  Haberá desprazamento a Ourense para xogar co Dompa Xestión. Os equipos Infantís A, Senior e Xuvenís A enfrontaranse ás das Burgas pola tarde a partir das 16:30.

  Pode ser unha boa oportunidade para as senior de puntuar, para recuperarse na clasificación, ante un equipo que non estreou  seu marcador de vitorias. Igualmente as Xuvenís quererá levar os puntos en xogo para abrri oco na clasificación co 4ª clasificado, o Bruxas de Santiago. As infantís levan dous partidos de menos debido aos aprazamentos, o que non lles permite sumar puntos para crecer na clasificación. Esta xornada de sábado será unha boa oportunidade, xa que dobrasen no seu desprazamento a Ourense para xogar o partido correspondente á xornada e tamén o aprazado no seu día co Aceites Abril CVO.

  O autobús de Autocares Cancela que cubrirá o desprazamento, realizará a súa saída desde o Instituto de Zalaeta o sábado 17 ás 13:00.

  BOA VIAXE E MOITA SORTE!!       

 O domingo continúa a xornada da fin de semana, cun primeiro enfrontamento do equipo Cadete A de 1ª división, ante o Liceo La Paz, partido que se disputará nas instalacións do Liceo ás 10:00 e no que as do Instituto tratarán de aproveitar sen permitir que o rival estree o seu marcador de vitorias, e así meter presión na cabeza da táboa na que os dous primeiros clasificados enfróntanse entre eles.

  Continúan os partidos esta mañá, pero no Instituto Zalaeta, cos encontros das Infantís B ante o Calasancias B, e o Xuvenil B ante o Voleibol Dumbría, ambos nas fases zonais das súas categorías.