Partido correspondente á 4ª xornada de Liga regular disputado a partir das 19:00 do sábado no Emilia Pardo Bazán de Leganés, que dirixido polo colexiado Joaquín Barceló, finalizou con vitoria local por 3-1 con parciais 25-17; 17-25; 25-20 e 25-17.
cvleganes. com: María Curto, Olivia Isidro, Paula Álvaro, Claudia Díaz, Lorena Rubiera, Noelia Fontán, Alejandra Salleras, Andrea Moroto, Laura Almazán, Isabel Ferrera, Virginia Calvo, Ana Martín, Coral Crespo e Nada Essayadi. Adestradora Marta Ballesteros.
AUTOS CANCELA ZALETA: Patri Santos, María Pedreira, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Cristina G. Bermejo, Laura Vázquez, Noe Vázquez, Antela Couceiro, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestrador Jorge Barrero.
Cometeu poucos erros o Zalaeta neste partido, 19 , deles 11 foron de saque, unha faceta na que o rival foi máis eficaz. No primeiro set as do Instituto non estiveron ao seu nivel e foron sempre por detrás no marcador sendo superadas polas de Leganés en todas as facetas do xogo, e iso puido marcar o devir do encontro.
No segundo a mellora no xogo das do Instituto e o maior número de erros cometido polo rival levoulles a empatar o partido nun set que comezaron cun parcial de 0-5 e outro parcial de 0-4 (3-10), déronlles unha diferenza que soamente tiveron que administrar para impoñerse.
Chegamos ao terceiro, que transcorre moi igualado, a maior eficacia no saque das locais dálles vantaxe e finalmente se impoñen con maior decisión nun final de set no que a un parcial de 0-4 (21-20) responden con outro parcial de 4-0 que pon o definitivo 25-20 no marcador.
O cuarto set e ao cabo o definitivo, comeza igualado, pero as coruñesas só conseguen un 3-3, a partir de aquí a vantaxe é para as de Ballesteros que aos poucos se despegan no marcador para facerse cos tres puntos en xogo que lles permiten subir unha posición na táboa precisamente á conta do Zalaeta, agora 6ª, ao que superan en 1 punto.
A xogadora local Olivia Isidro foi a máxima anotadora do encontro con 19 puntos, seguida de Laura Almazán con 12. Por parte do Autos Cancela Zalaeta, tres xogadoras superaron os 10 puntos, Lidia Gudge con 16 puntos, Emma Ordoñez con 13 e Laura Vázquez con 11.
Para Jorge Barrero, “o Leganés foi superior a nós, non é un equipo ao que non lle podamos gañar, pero saíron con mellor actitude, a gañar e eran difíciles de parar. Superáronnos en saque e foron mellores en contraataque. Lograron mellores números en ataque e máis puntos”.
A próxima xornada tócalle descanso ao Zalaeta, por tanto non terá competición ata a seguinte xornada no Barrio ante o Torrelavega.