/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 CAEP SORIA 1

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 CAEP SORIA 1

  Puntualmente comezaba ao mediodía no Barrio o partido de SF2  que enfrontaba ao CAEP Soria e ao Autos Cancela Zalaeta, que dirixido polos colexiados Carlos A. Cordeiro e Marcos Folgar, tería unha duración de 01 h 30 m e que finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 22-25; 25-19; 25-20 e 25-18 (97-82).

  AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Laura Vázquez, Antela Couceiro, Tania Cobos, Lida Gudge, Inés Rivas e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

  CAEP SORIA Ariadna Priante, María Otero, Raquel Montoro, Lida Figueira, Claudia Fita, Veiga Lope, Julia Vaqueiro, Carla Aparicio, Julia De Paula, Marta Otero, Carolina Camiño, Lucía Varela, Carla Jiménez e Itziar López. Adestradores Pascual Saurín e Bego Saenz.

  Partido moi igualado que estivo a piques de complicárselle ao Zalaeta, que saíu á cancha no primeiro set fóra de ton e permitiu que as xóvenes xogadoras de Soria se adiantásense no marcador, e non foi capaz de superalas ao longo do set, durante o cal só logrou o empate nalgún parcial pero tivo que ceder o 0-1 ante unha maior eficacia das de Saurín.

  No segundo entraron mais centradas as coruñesas, e ao 2-0 inicial seguiulle un 6-1, a diferenza era cada vez maior e o control do set exercíano as de Barrero, que cun ataque máis eficaz e mellorando o saque lograron empatar o partido. Foi importante este segundo set, devolveu a confianza ás do Instituto e fíxolles ver que tiñan posibilidades, e no terceiro, a pesar de comezar por baixo no marcador, non se deixaron dominar e remontaron xa no primeiro parcial do set, 8-7, para dominar o marcador en diante e lograr o 2-0 e con iso o primeiro punto en xogo e a tranquilidade de saber que ían por diante.

  Así no cuarto e último, o Zalaeta logrou a mellor media de ataque do partido, un 56%. Só floxeou ao comezo do set, tivo que remontar un 0-4 e posteriormente un 7-11, pero foi capaz de endosarlle ao CAEP dous parciais de 6-0 en diferentes momentos, que supuxeron o final do set e do partido.

  Con este encontro finaliza un fin de semana de competición no que o Autos Cancela Zalaeta ponse ao día cos partidos de liga e suma os 6 puntos en xogo que o levan á 5ª posición da táboa con 7 puntos de 9 posibles e a 2 da cabeza, o CV Torrelavega, liderado compartido por un triplo empate.

  A máxima anotadora do encontro foi a coruñesa Laura Vázquez con 25 puntos, seguida de Emma Ordoñez con 19, ambas se está manifestando como as artilleiras do equipo nos partidos deputados ata o momento. Polo CAEP, a máxima anotadora do partido foi Marta Otero con 15 puntos seguida de Raquel Montoro con 13.

PARA VER O VIDEO DO PARTIDO PINCHA   AQUÍ

PARA VER AS FOTOS DO PARTIDO DE J. VÁZQUEZ .. PINCHA   AQUÍ

……………………………………………………………………………..

  Este fin de semana comezou a competición autonómica, as Ligas Galegas iniciaron a súa andaina 2018-2019, e os equipos do Club Instituto Zalaeta Voleibol implicados, desprazáronse para resolver os seus compromisos nesta primeira xornada cun pleno de vitorias nos tres partidos en xogo.

  O equipo de 1ª Senior xogaba o sábado en Carballo ante o conxunto local, AD Xiria Asesoría Cervantes, ao que venceu cun resultado de 1-3 con parciais 15-25; 25-22; 18-25 e 19-25. Baixo a dirección, nesta ocasión, de Cristina G. Bermejo, o Zalaeta logra os 3 primeiros puntos da tempada.

  Esta mañá desprazábanse ao Lugo os equipos Infantíl e Cadete para enfrontarse ao EMEVE. O equipo Infantil de 2ª División, baixo a dirección de David Hermida, vencía este primeiro encontro de liga por un resultado de 0-3, con parciais 19-25; 17-25 e 17-25.

  As cadetes de 1ª División. con Cristina G. Bermejo facíanse tamén coa vitoria con idéntico resultado que o anterior: 0-3, con parciais 24-26; 18-25 e 16-25.

FOTOS DE CARMEN FDEZ.   AQUÍ