VER + FOTOS |
A unha semana de que dea
comezo a competición autonómica, despídese a pretempada coa súa xornada
máis intensa na que se xogarán as finais do torneo de Copa Galicia nas
súas diferentes versións e das que sairán os seus respectivos campións.
A final da Copa Federación terá como escenario A Xunqueira 2 de Pontevedra, onde os equipos participantes decidirán o torneo a partir das 16:30, e onde a escuadra do Caldaria
VoleyOurense parte como favorito para facerse co título, pero no que a
priori nada está decidido neste primeiro Trofeo da tempada, e os equipos
participantes, xogarán as súas bazas para darlle emoción á final. Os cruces serán os seguintes:

16:30 Autos Cancela Zalaeta –
Caldaria VoleyOurense
Caldaria VoleyOurense
16:30
XAV Cambados – CV Pontevedra A
XAV Cambados – CV Pontevedra A
18:00
Caldaria VoleyOurense – XAV Cambados
Caldaria VoleyOurense – XAV Cambados
18:00
CV Pontevedra A – Autos Cancela Zalaeta
CV Pontevedra A – Autos Cancela Zalaeta
O equipo do Instituto, dirixido nesta ocasión por Pepe Díaz, desprazarase a Pontevedra no autobús de Autos Cancela que realizará a súa saída para a cidade do Lérez, o sábado ás 14:00, como vén sendo habitual, dende o Instituto Zalaeta.
BOA VIAXE E SORTE!!
……………………………………….
VER + FOTOS |
Pola súa banda, as máis pequenas, que diputan a Copa Promesas, finalizan a competición divididas en tres Grupos que xogarán as Finais A, B e C en Monforte, Cambados (o domingo) e A Coruña, respectivamente.
A final C xogarase a partir das 10:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta, o sábado cos seguintes horarios:
A final C xogarase a partir das 10:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta, o sábado cos seguintes horarios:
10:00 Narón Volea A – CI Zalaeta
11:30 XAV Cambados B – Narón Volea A
13:00 CI Zalaeta – XAV Cambados B
O equipo de Mery Martínez,
con dúas vitorias nas fases anteriores, tratará de facer valer o factor
cancha para impoñerse aos seus rivais, e continuar coa súa preparación,
na que estes partidos da Copa Promesas cumpren o seu obxectivo de
aprendizaxe con enfrontamentos con escuadras similares e de superior
potencial deportivo.