/FINAIS COPA FEDERACIÓN E PROMESAS

FINAIS COPA FEDERACIÓN E PROMESAS

VER + FOTOS

  A unha semana de que dea
comezo a competición autonómica, despídese a pretempada coa súa xornada
máis intensa na que se xogarán as finais do torneo de Copa Galicia nas
súas diferentes versións e das que sairán os seus respectivos campións.
  A final da Copa Federación terá como escenario A Xunqueira 2 de Pontevedra, onde os equipos participantes decidirán o torneo a partir das 16:30, e onde a escuadra do Caldaria
VoleyOurense parte como favorito para facerse co título, pero no que a
priori nada está decidido neste primeiro Trofeo da tempada, e os equipos
participantes, xogarán as súas bazas para darlle emoción á final. Os cruces serán os seguintes:
                16:30      Autos Cancela Zalaeta  – 
Caldaria VoleyOurense

                    16:30    
XAV Cambados  –  CV Pontevedra A

                    18:00    
Caldaria VoleyOurense  –  XAV Cambados

                    18:00    
CV Pontevedra A  –  Autos Cancela Zalaeta
 

   O equipo do Instituto, dirixido nesta ocasión por Pepe Díaz, desprazarase a Pontevedra no autobús de Autos Cancela que realizará a súa saída para a cidade do Lérez, o sábado ás 14:00, como vén sendo habitual, dende o Instituto Zalaeta.
BOA VIAXE E SORTE!! 
……………………………………….
VER + FOTOS

  Pola súa banda, as máis pequenas, que diputan a Copa Promesas, finalizan a competición divididas en tres Grupos que xogarán as Finais A, B e C en Monforte, Cambados (o domingo) e  A Coruña, respectivamente.
  A final C xogarase a partir das 10:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta, o sábado cos seguintes horarios:

                             10:00    Narón Volea A – CI Zalaeta
                                  11:30    XAV Cambados B – Narón Volea A
                                  13:00    CI Zalaeta – XAV Cambados B
 
  O equipo de Mery Martínez,
con dúas vitorias nas fases anteriores, tratará de facer valer o factor
cancha para impoñerse aos seus rivais, e continuar coa súa preparación,
na que estes partidos da Copa Promesas cumpren o seu obxectivo de
aprendizaxe con enfrontamentos con escuadras similares e de superior
potencial deportivo.
 
ETIQUETAS: