/TORNEO LICEO LA PAZ DE VOLEIBOL

TORNEO LICEO LA PAZ DE VOLEIBOL

Caludia, Daniela, Alma, Natalia, Eva, Genoa, Adela, Andrea, Alicia e Marina. Adestadora, Mery.
VER + FOTOS

  
  Onte celebrábase o XXXIV Trofeo Liceo “LA Paz” de voleibol nas instalacións do colexio. Déronse cita os clubs do Liceo, Calasancias, Narón, EMEVE, Xiria, Sta. Mª del Mar e Zalaeta, que competiron en categorías Benjamín, Alevín e Infantil ao longo de todo o día.
   Día de festa e voleibol que congregou numeroso público en xornada de mañá e tarde, na que o CVI Zalaeta presentou un equipo alevín que xogou encadrado no Grupo B, e que da man das súas adestradoras, Mery e Patri deron conta dos seus avances con marcadores axustados e partidos moi disputados, nos que as xogadoras disfrutaron poñendo en práctica o que aprenden nos adestamentos.
   Derradeira xornada da tempada, que deste xeito serve para despedir a competición. Agora só queda prepararnos para o Campus de Verán, xa queda menos!!!
TAGS: