Caludia, Daniela, Alma, Natalia, Eva, Genoa, Adela, Andrea, Alicia e Marina. Adestadora, Mery. VER + FOTOS |
Onte celebrábase o XXXIV Trofeo Liceo «LA Paz» de voleibol nas instalacións do colexio. Déronse cita os clubs do Liceo, Calasancias, Narón, EMEVE, Xiria, Sta. Mª del Mar e Zalaeta, que competiron en categorías Benjamín, Alevín e Infantil ao longo de todo o día.
Día de festa e voleibol que congregou numeroso público en xornada de mañá e tarde, na que o CVI Zalaeta presentou un equipo alevín que xogou encadrado no Grupo B, e que da man das súas adestradoras, Mery e Patri deron conta dos seus avances con marcadores axustados e partidos moi disputados, nos que as xogadoras disfrutaron poñendo en práctica o que aprenden nos adestamentos.
Derradeira xornada da tempada, que deste xeito serve para despedir a competición. Agora só queda prepararnos para o Campus de Verán, xa queda menos!!!