Mañá domingo día 29 de Setembro celebrarase a final da Copa Galicia de categoría feminina no Municipal de Lugo.
FINAL COPA GALICIA 2012 |
O partido dará comezo ás 18:00 horas e será unha reedición da do ano
pasado na que se enfrontaron os mesmos equipos no mesmo escenario. Ambos
os dous conxuntos que militan na categoría de prata do Voleibol
feminino, xogarán o primeiro dos seus enfrontamentos oficiais da
presente tempada, no que as coruñesas teñen opción de conseguir o
prezado trofeo por segunda vez consecutiva ante o equipo local que
tratará de non deixar escapar a oportunidade ante o seu público.
Á
marxe de consideracións técnicas, que deixamos para os adestradores,
espérase un encontro moi disputado entre dous conxuntos que se coñecen
moi ben e entre os que exíste unha gran rivalidade, e nestes enfrontamentos
as formulacións a priori poden distar do que suceda na cancha. Soamente a
mención dun partido entre EMEVE e Zalaeta motiva a todas as xogadoras de xeito especial e á afección.
O equipo de José Valle preséntase ao completo, sen baixas nas súas filas, e coa incorporación para esta tempada da gran xogadora galega Pepo Garrido.
É este un equipo construído con ambición, do que espera que teña unhas
moi boas prestacións na Liga, e que aínda está á espera de da
realización dalgunha fichaxe que non acaba de culminar.
Pola súa banda Jorge Barrero
presenta un equipo con modificacións respecto á tempada pasada, con
baixas importantes debidas a diferentes causas, pero que conta coa
incorporación das xuvenís Patricia Santos, Lydia Alonso e Andrea Rivas, e das xogadoras de Zalaeta, Marga Echeverría, Irene Vázquez e a recuperación de Noa Sánchez despois dunha tempada pasada na que as lesións lastraron o seu rendemento.
O equipo herculino desprazarase á cidade das Murallas coa xogadora Patricia Suarez, como referencia, máxima anotadora da tempada pasada e habitual das estatísticas da RFEVB, pero coa baixas de Lydia Alonso por lesión de última hora e de Marga Echeverría e Maca Corbo por motivos laborais e coa incorporación da xuvenil Paula Lema.
EMEVE – FISIOMÁSZALAETA 18:00 MUNICIPAL DE LUGO
O autobús de AUTOS CANCELA sairá, como de costume, dende o Instituto Zalaeta ás 15:25 do domingo 29 para realizar o desprazamento co equipo e os acompañantes.
BOA VIAXE E BOA SORTE.