Organizado polo CVI Zalaeta, co patrocinio do Concello da Coruña, enfrontaranse os catro mellores equipos da Liga Regular de Galicia: VoleyOurense, Xuvenil Teis, CV Zalaeta e EMEVE de Lugo, que xogarán dúas semifinais pola mañá e as finais pola tarde.
Espérase un play off disputado toda vez que o equipo de Ourense,
que gañou a Liga comodamente e se perfila como favorito, e os outros
tres equipos separados entre eles por un só punto, nos ofrecerán unhas
semifinais moi competidas por facerse un oco na final e así poder
acceder a unha praza para o Campionato de España de clubs que se celebrará en Cangas e Arriondas, Asturias, en Xuño.
Para David Hermida, adestrador do Zalaeta, “posiblemente o VoleiOurense será o favorito, pero para nós, o equipo a bater é o Teis,
que é con quen nos enfrontamos no primeiro lugar e a quen temos que
gañar para pasar á final. Temos posibilidades, as nosas xogadoras están
moi centradas e nun bo momento, e na liga obtivemos os mesmos puntos,
non esperamos un partido doado”.
Os partidos serán os seguintes:
Domingo día 12 10:00 Xuvenil de Teis CVI Zalaeta
12:00 Voleibol Ourense EMEVE
17:00 3º e 4º posto
19:00 1º e 2º posto
Así mesmo, no Pavillón de Corcubión, organizado polo CF Dumbría, disputarase o Campionato Galego Cadete masculino, o sábado 11 en dobre sesión, no que se enfrontarán os equipos Burgas Volei, EMEVE, Voleibol Dumbría e IES Ames.