/CAMPEONATO DE GALICIA DE CADETES FEMENINO

CAMPEONATO DE GALICIA DE CADETES FEMENINO

 
   O próximo domingo celebrarase na Coruña la Fase final do Campionato Galego de Voleibol Feminino en categoría Cadete, que terá lugar no Polideportivo San Francisco Javier da nosa cidade, en dobre sesión de mañá e tarde.
    Organizado polo CVI Zalaeta, co patrocinio do Concello da Coruña, enfrontaranse os catro mellores equipos da Liga Regular de Galicia: VoleyOurense, Xuvenil Teis, CV Zalaeta e EMEVE de Lugo, que xogarán dúas semifinais pola mañá e as finais pola tarde.
    Espérase un play off disputado toda vez que o equipo de Ourense,
que gañou a Liga comodamente e se perfila como favorito, e os outros
tres equipos separados entre eles por un só punto, nos ofrecerán unhas
semifinais moi competidas por facerse un oco na final e así poder
acceder a unha praza para o Campionato de España de clubs que se celebrará en Cangas e Arriondas, Asturias, en Xuño.

   Para David Hermida, adestrador do Zalaeta, «posiblemente o VoleiOurense será o favorito, pero para nós, o equipo a bater é o Teis,
que é con quen nos enfrontamos no primeiro lugar e a quen temos que
gañar para pasar á final. Temos posibilidades, as nosas xogadoras están
moi centradas e nun bo momento, e na liga obtivemos os mesmos puntos,
non esperamos un partido doado».

 
   Os partidos serán os seguintes:


       Domingo día 12    10:00    Xuvenil de Teis    CVI Zalaeta
                                 12:00   Voleibol Ourense  EMEVE
                                 17:00   3º e 4º posto
                                 19:00   1º e 2º posto

   Así mesmo, no Pavillón de Corcubión, organizado polo CF Dumbría, disputarase o Campionato Galego Cadete masculino, o sábado 11 en dobre sesión, no que se enfrontarán os equipos Burgas Volei, EMEVE, Voleibol Dumbría e IES Ames.

 
ETIQUETAS: