Lydia Alonso |
Continúa adiante o traballo da Dirección Técnica da Federación Galega de Voleibol de cara a conformar ás Seleccións que participarán no próximo Campionato de España de Seleccións Autonómicas , cunha nova convocatoria de xugador@s das categorías Infantil e Cadete feminina e Masculina.
A convocatoria de Cadetes Feminina será na cidade de Lugo o vindeiro domingo día 25 no Pavillón Casa Do Deporte (Avda. Infanta Elena) a partir das 10:45. Para esta concentración está convocada a xogadora do CV Zalaeta, Lydia Alonso, que parece que se vai afianzando ó longo do ano , nestas convocatorias. Causa baixa nesta ocasión, por razón de estudos, a central Andrea Rivas.
Por outra banda, mañá sábado 24, xogarase no P. Instituto Zalaeta á 10:30, un partido de Infantís, que foi aprazado no seu día, entre os equipos CV Zalaeta e Calasancias Coruña.
Tamén no mesmo escenario, o domingo terá lugar un partido preparatorio da Selección Galega Infantil Feminina que ten previsto enfrontarse a un combinado do CV Zalaeta ás 16:00.
Por último, lembrar, que a noite do sábado ó domingo, adiantaremos a hora dos reloxos 1 h.