O equipo de Barrero desprázase nun bo momento, con dúas vitorias consecutivas en encontros oficiais, a moral está alta e a intención é puntuar. O bo xogo despregado polas coruñesas no comezo de ano e a traxectoria ascendente na última fase da liga abren as posibilidades dun resultado positivo para as xogadoras do instituto.
«Será un encontro difícil, un conxunto complicado de bater na súa cancha, dice J. Barrero, pero nesta categoría as diferenzas non son moi grandes entre os equipos e no partido da primeira volta puidemos conseguir outro resultado, naquel momento faltounos confianza, ver que podiamos gañar.»
O partido será o sábado ás 17:00 no Municipal de los Pajaritos en Soria.
O desprazamento farase no autobús de Autos Cancela, como é habitual, con saída o venres para chegar para facer noite en Soria e regreso ao finalizar o partido.
BO VIAXE E SORTE!!
LIGAS GALEGAS, XORNADA Nº 14
1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA Vs CALASANCIAS CORUÑA SÁBADO 10:30 P. I. ZALAETA
1ª DIVISIÓN SENIOR
AUTOSCANCELA ZALAETA Vs AD XIRIA ASESORIA CERVANTES SÁBADO 16:00 BARRIO DAS FLORES
2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA Vs VOLEIBOL MANIOTAS DOMINGO 11:00 P.I. ZALAETA
1ª DIVISIÓN XUVENIL
AUTOSCANCELA ZALAETA Vs CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 13:00 P.I. ZALAETA