/A XORNADA DO FIN DE SEMANA

A XORNADA DO FIN DE SEMANA

  Regresa ao competición ligueira de SF2, o FisiomásZalaeta xoga o seu primeiro partido do ano no Barrio ante un rival complicado, o Cuesta Piedra Tenerife que ocupa a cuarta praza da clasificación.

   O Zaleta continúa recibindo aos primeiros clasificados, nesta ocasión é o cuarto aspirante aos postos que dan acceso ao play off da liga, o equipo tinerfeño ocupa a cuarta posición  e ten como obxectivo o clasificarse para xogar polo ascenso de categoría, polo que se espera que veña ao Barrio disposto a puntuar para non ceder ante os outros aspirantes. Un conxunto que combina mocidade con experiencia ten un equipo titular que conta coa experimentada central Marisa Fernández e coa atacante Wanda Banguero, que serán as encargadas de levar ao Cuesta Piedra ao seu obxectivo.
  Pola súa banda o Zalaeta resentiuse os primeiros días da semana e tivo algunha baixa nos adestramentos para chegar á previa do partido con total normalidade, e con todo a plantilla que o fin de semana pasado proclamouse campioa de Copa Galicia, a disposición do técnico Jorge Barrero. Continuar na liña dos últimos partidos, desenvolvendo o seu bo xogo con menos erros cada vez, é o obxectivo das do instituto para plantar cara ao rival e lograr un resultado positivo, nun partido no que sumar é o importante.

                            O partido, ás 19:00 do sábado no Barrio das Flores
  
LIGAS GALEGAS, XORNADA Nº 12, TODOS OS PARTIDOS O SÁBADO 14
 
  1ª DIVISIÓN INFANTIL
CI ZALAETA  Vs  JEALSA BOIRO VOLEIBOL  12:30  P. I. ZALAETA
 
  2ª DIVISIÓN CADETE
CI ZALAETA  Vs  MEXILLÓN DE OURO RIANXO 16:00  BARRIO DAS FLORES
 
  1ª DIVISIÓN XUVENIL
AUTOS CANCELA ZALAETA  Vs  JEALSA BOIRO VOLEIBOL  11:00  P.I. ZALAETA
 
  1ª DIVISIÓN SENIOR
AUTOS CANCELA ZALAETA  Vs  XAV CAMBADOS  16:00  BARRIO DAS FLORES
 

ETIQUETAS: