/QUINTA XORNADA DE SF2.

QUINTA XORNADA DE SF2.

  Novo desprazamento do FisiomásZalaeta para xogar o partido correspondente a quínta xornada de SF2 en Lugo ante o EMEVE.
Primeiro derby autonómico da tempada, un partido sempre complicado no
que a situación dos equipos na táboa ten pouco que ver no que sucede na
cancha onde a rivalidade entre ambos os conxuntos é a que manda.

 

  Con tres partidos xogados o EMEVE ocupa a 9ª praza con 1 punto e o
Zalaeta  está en oitava posición con 3 puntos, polo que puntuar en Lugo é
unha prioridade para o equipo de Barrero que lle permitiría afastarse
da parte baixa da clasificación e, dependendo doutros resultados ,
achegarse á zona media da Grupo A.
  Será un partido con dous
conxuntos moi parecidos, ambos beben da canteira e atópanse esta tempada
con equipos que tratan de combinar a experiencia dalgunha das súas
xogadoras coa achega doutras máis novas para tentar rematar a tempada
con éxito. Podemos dicir que son dous clubs que «xogan a mesma liga»,
rivais directos na clasificación.
  En canto a rendemento, as
estatísticas son lixeiramente favorables ás coruñesas que superan en
bloqueo e ataque ás de Valle, tendo unha porcentaxe parecida en
recepción, e en saque máis erros o Zalaeta pero tamén maior nº de ACES.
 
Veremos un partido competido, emocionante no que ambas as escuadras
loitarán por quedar cos puntos, pero sen esquecer que puntuar é moi
importante para calquera delas.
    Sábado día 22 á 20:00 no Municipal de Lugo:   EMEVE   Vs   FISIOMÁSZALAETA

ETIQUETAS: