/PARTIDOS DA XORNADA DO SÁBADO 25

PARTIDOS DA XORNADA DO SÁBADO 25

   A xornada do fin de semana
celebrarase o sábado, ao longo do día xogarán todos os equipos, co único
desprazamento do equipo de SF2 que viaxa a Sant Boi de Llobregat. O equipo de Jorge Barrero mídese o Sant Boi no Poliesportiu Municipal La Parellada ás 17:00 do sábado, para o que o FisiomásZalaeta se desprazará dende o o aeroporto de Labacolla, dende onde realizará a viaxe de ida e volta.
  
Despois do bo comezo da segunda volta, as coruñesas non queren deixar
escapar a ocasión de facerse cos puntos en xogo, e nun bo momento de
forma, lograr unha vitoria que as afiance na cuarta posición ante un
equipo que ocupa a oitava praza da clasificación e que foi
derrotado(3-0) na primeira volta no Barrio.
   Outros partidos a ter en conta esta 12ª xornada serán TorrelavegaEMEVE, no que está en xogo o liderato, e no que unha vitoria das lucenses significaría abrir oco importante; o Voleibol Is Life desprázase a Teis para enfrontarse ao Xuvenil no que será un encontro importante para os intereses do Zalaeta
toda vez que se encontra empatado coas de Almería na loita pola cuarta
praza, mentres o Grupo visita ao Tenerife Santa Cruz instalado nunha
cómoda terceira posición.
   Á súa vez a competición galega continúa o seu ritmo con dous encontros na casa, o primeiro deles enfrontará ao equipo de Liga Galega xuvenil FisiomásZalaeta co Fisioterapia Cinesia A-Solutions de Noia en partido correspondente á xornada 14. Non deben de andarse polas ramas as pupilas de D. Hermida
e terán que tratar de obter a vitoria e os puntos co mellor resultado
posible para manterse nunha táboa na que tres equipos están empatados a
puntos nos primeiros postos da clasificación. O Xuvenil, que recibe ao Jealsa Boiro, e o VoleyOurense, que xoga en Ames, e o Zalaeta se encontran empatados en practicamente todo nas segunda, terceira e cuarta posición.
   Tamén se xogará o derby de Segunda División A entre o Autos Cancela Zalaeta e o Galitrans Viajes Embajador UDC. O Zalaeta
con 9 partido gañados, e nun bo momento, tratará de impoñerse ao
Universitario, ante o que perdeu o seu partido na primeira volta, para
poder continuar na cuarta posición atento ao que poida suceder nos
primeiros postos.

   As categorías dos máis pequenos tamén teñen a
súa actividade prevista para o fin de semana. Xogarán o venres a partir
das 18:00 no Polideportivo da Sagrada Familia, a Liga do Concello da Coruña en categoría Alevín Feminino, e o sábado, en Monte dás Moas, Xogos Escolares, ás 10:30 ante o Calasancias A.
 
   SÁBADO 25
SF2             SANT BOI – FISIOMÁSZALAETA                                                  17:00  P.M. LA PARELLADA
XUVENÍS     FISIOMÁSZALAETA – FISIOTERAPIA  CINESIA NOIA                      11:30  P. I. ZALAETA
2ª DIV. A     AUTOS CANCELA
ZALAETA – GALITRANS V. EMBAJADOR UDC      16:00 BARRIO DAS FLORES.

 
ETIQUETAS: