/XORNADA DO 16 E 17 DE MARZO

XORNADA DO 16 E 17 DE MARZO

    A xornada deportiva do próximo fin de semana preséntase do seguinte xeito:

  O equipo FisiomásZalaeta de SF2 xogará, unha vez máis lonxe da Coruña, en Sant Cugat del Vallés enfrontarase ao equipo local o domingo 17 ás 13:00 no P.M. Valldoreix en encontro correspondente á cuarta xornada do Grupo de Ascenso.
   O equipo de Jorge Barrero sairá o domingo de madrugada rumbo a Barcelona para enfrontarse a un CV Sant Cugat nun partido que se espera igualado, no que ambos equipos estarán a un nivel parecido. O equipo local terá a vantaxe de xogar en casa e a ausencia de desprazamento será un tanto a favor para enfrontarse ás coruñesas, a cales deberán mostrar as súas mellores condicións para obter un resultado positivo.
   Ambos equipos necesitan a vitoria para situarse entre os equipos con posibilidades, e no caso do FisiomásZalaeta, esperar o resultado do encontro entre o Grupo e o Vall d´Hebrón. As galegas levan tres partidos seguidos fóra de casa, o que non lles permite a penas relaxarse, polo que esperan a súa racha no Barrio da Flores o que lles dará maiores oportunidades.
   As lesións continúan o seu goteo, parece que o final de tempada pasa factura, nesta ocasión, o equipo non poderá contar con Noa e Nancy ás que se lles unirá Sara Díaz por lesión, e o adestrador tampouco poderá contar con Marta Esperanza.


  O sábado haberá desprazamento a Vigo para xogar os partidos correspondentes á última xornada da Liga Regular, onde o equipo xuveníl de Liga Galega, enfrontarase ao Xuvenil Teis no Municipal de Teis ás 10:00.       

   Encontro de trámite, nun fin de semana no que o equipo local xogará varios partidos para dar por finalizada a Liga, e no que as coruñesas parten como favoritas aínda que non se decidirá nada que xa non estea decidido nesta xornada na que o EMEVE de Lugo proclamarase, unha vez máis, brillante Campión de Liga.
 ….
   A continuación, ás 12:00,  será a quenda das cadetes de Liga Galega de ambos clubs que pecharán a súa participación na presente campaña cun enfrontamento que decidirá a súa posición na táboa.
   Este será un partido no que a pupilas de David Hermida xogaranse o seu lugar na clasificación, e que deberán de encarar con decisión en busca dos puntos para resarcirse do resultado da xornada anterior que lle deu o campionato ao Voley Ourense. Nada está decidido entre os tres equipos que seguen ao líder, a conclusión, o fin  de semana. 
…..
   O  CV Zalaeta de Segunda División A finalizará a Liga no P. Rosalía de Castro de Vigo onde se enfrontará ao ELLAEL VigoVoley o sábado 16 ás 17:00.
   Co primeiro posto xa decidido pola boa actuación do Autos Rico UDC á longo do campionato con tan só un partido perdido, o CV Zalaeta e o CVP Comercial Durán, xóganse o subcampeonato nos seus respectivos partidos ante o ELELLA e o UDC.
   O equipo de Vigo causou boa sensación na súa visita ao Instituto malia perder, polo que buscará a revancha no encontro do sábado e non se espera que sexa un partido fácil, pero as coruñesas viaxarán con intención de asegurarse os puntos.
 

   O autobús de Autos Cancela que realizará o desprazamento a Vigo, fará a súa saída desde o Instituto Zalaeta ás 07:00 do Sábado e realizará as paradas habituais.
ETIQUETAS: