O equipo de SF2 viaxa a Alcobendas para enfrontarse ao Feel Voley o sábado ás 17:00 en Pavillón Luís Buñuel da localidade madrileña no que será o segundo encontro da Fase de Ascenso.
Será un partido complicado a xogar a domicilio ante un club que está realizando un gran tempada, cun equipo xoven de gran proxección, gran parte das súas integrantes veñen de gañar a Super Liga Junior Feminina, e este equipo foi finalista de Cópa Princesa e segundo do Grupo B detrás do Vall d´Hebrón. Podemos destacar a xogadoras como a veterana Esther Rodriguez, e mencionar a presenza da xogadora galega Mª Alejandra Álvarez MVP da Super Liga Junior.
A pesar do bo momento do equipo rival, o FisiomásZalaeta desprázase logo de realizar unha boa semana de adestramento, e coa moral alta, viaxan dispostas a mostrar as razóns que as levaron a esta Fase da Liga. Cun equipo conxuntado e o seu potente ataque, viaxan a por a vitoria e con intención de “facelas baixar da nube” para facer valer as súas opcións na competición. O equipo desprázase coas xa coñecidas baixas de Noa e Nancy por lesión, ás que se unen Marta Esperanza e Laura por razóns laborais.
laopinioncoruna.es https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.laopinioncoruna.es/deportes/2013/03/02/zalaeta-busca-alcobendas-primer-triunfo-play-off/697934.html
Continúan os partidos o domingo día 3 de Marzo coa visita do Caldaria Voley Ourense á pista do Instituto, que xogará tres partido ao longo da xornada dominical.
Comezarán as de 2ª División A, ás 11:00 no Pavillón do Instituto Zalaeta, nun encontro que as coruñesas poden ter ao alcance da man, e no que necesitan o triunfo si queren manter a presión sobre o CV Pontevedra, 2º clasificado cos mesmos puntos.
A continuación, ás 12:30 xogará o equipo cadete, nun duelo ao grande cuxo resultado podería decidir o campión da Liga Regular. Enfróntanse 1º e 2º nun partido importante, pero nun momento no que ambos conxuntos xa están, prácticamente, metidos no Play off polo título galego. Neste encontro, o equipo de David Hermida debe de facer valer o factor campo para impoñerse ás de Ourense, sabendo que non valen perdas de concentración nin ausencias repentinas, que deban de xogar sabendo que o seu nivel é suficiente para gañar este partido.
Para finalizar xogarase o encontro de Xuvenís de Liga Gallega entre o FisiomásZalaeta e o VoleyOurense, 2º e 4º clasificado, partindo como favorito o equipo local, que deberá de mostrar a súa mellor cara para gañar o encontro sen ter que especular mais adiante co seu resultado de outros encontros.
Mencionar tamén que as mais pequenas xogarán, como o veñen facendo habitualmente, no Monte Dás Moas os seus partidos correspondentes ao Liga Zonal Infantil ás 11:15 do sábado Zalaeta-Liceo B, no que as do Instituto terán que empregarse a fondo si queren conseguir algo positivo ante as líderes do grupo. E a continuación, ás 12:45 e no mesmo escenario, xogarán as alevines: Zalaeta-Liceo B.