/PARTIDOS DO 23-24 DE FEBREIRO.

PARTIDOS DO 23-24 DE FEBREIRO.

    A xornada deportiva do próximo fin de semana queda como segue:

    Dará comezo a Segunda Fase da Liga de SF2, cun compromiso interesante no Pavillón do Barrio das Flores, onde o equipo titular, o FisiomásZalaeta enfrontarase ao CV Vall d´Hebrón, campión invicto do Grupo B o Sábado a partir da 18:00.
   Un partido complicado para as pupilas de Jorge Barrero, que para obter un resultado positivo deberán xogar a un alto nivel así como as vímos no último partido da Fase Regular ante o Grupo de Xixón xa que o rival desprazarase coa intención de manter a súa imbatibilidade para levarse os puntos.
   No equipo do Instituto continúan sendo baixas a líbero Noa e a central Nancy, coa dúbida de última hora de Rocío, malia o cal esperamos que o rendemento de equipo non se vexa mermado despois do parón que sufriu a competición últimamente.

       O equipo de Liga Galega Cadete desprazarase o sábado 23 a Dumbría, para xogar o partido correspondente á xornada nº 19 no Municipal de Dumbría ante o titular da cancha ás 12:30. Encontro que deberá de resultar asequible para as do Instituto, para as que unha vitoria permitirá conservar a posición na táboa á espera doutros resultados.
 
 O autobus de Autos Cancela sairá con destino a Dumbría o sábado 23 ás 10:00 desde o Instituto de Zalaeta e realizará as paradas habituais.


   O domingo toca desprazamento a Ourense, para enfrontarse na cidade das Burgas ao IES As Lagoas San Martiño Dompa en partido correspondente á xornada 19 da Liga Galega de Xuvenís que comezará ás 10:15 no P. M. Dos Remedios no que o FisiomásZalaeta parte como favorito para facerse coa vitoria.
   A continuación xogarase, no mesmo escenario, o partido de 2ª División A entre o Dompa Xestión e o CV Zalaeta. As de Ourense ocupan a última praza, polo que debemos de esperar unha vitoria visitante, aínda que poida ser precisamente esa situación a que  estimule ás locais para tratar de impoñerse no marcador.
  O Autobús de Autos Cancela que levará a expedición a Ourense, sairá desde o Instituto de Zalaeta o domingo 24 ás 07:00 e realizará as paradas habituais.

  Pola súa banda o equipo Alevín do Zalaeta encadrado na división Deporte Escolar, xogaralla contra o Narón Volea F1 a partir das 09:45 do Sábado 23 no Monte Dás Moas, e a continuación, na lLiga Zonal Infantil, o Zalaeta medirase ao Calasancias Coruña B ás 11:15 tamén o o Monte Dás Moas.
ETIQUETAS: