/XORNADA 17/11/2012

XORNADA 17/11/2012

SF2

    O vindeiro sábado 17 xogarase a 6ª xornada de SF2,  na que o FisiomásZalaeta desprazarase a Xixón para disputar o encontro correspondente co RGC Covadonga ás 17:00 horas no Polideportivo Braulio García.
   Un partido que se espera sexa de gran intensidade entre dous equipos que se xogan o continuar na parte alta de clasificación, sen perder de vista ao líder, Extremadura Arroyo, co que ambos equipos perderon os seus anteriores encontros co mesmo resultado. Malia iso, as coruñesas viaxan logo de xogar un gran partido e retomar o seu xogo de comezo de tempada, con intención de levarse unha vitoria  que sirva para consolidar o seu bo momento.
   Para Jorge Barrero, o Grupo é un dos equipos con opcións dentro da categoría, un conxunto con experiencia que presenta un bloque sólido ao que xa se enfrontaron en pretemporada, e ante o que unha vitoria supoñería confirmar as posibilidades  do conxunto herculino e daríalle ás na súa loita para estar no play off polo ascenso.
   Recuperada a central Olalla, o adestrador dispón dunha ampla plantilla para o desprazamento, e preséntase con 3 vitorias en 5 partidos e o Grupo con 2 vitorias en 4 partidos.
   O desprazamento realizarase no Autobús de Autos Cancela, que, como é habitual, realizará a saída desde o Instituto Zalaeta o sábado ás 09:30.
   ¡Boa viaxe e boa sorte!

   Ao mesmo tempo, o CVI Zalaeta, recibe tamén o sábado 17 ao Fisioterapia Cinesia Noia, que en Liga Galega categoría cadete, enfrontaranse a partir das 16:00 en Pabellón do Instituto Zalaeta, en partido no que as locais aspiran á vitoria para continuar á fronte da clasificación sen depender doutros resultados.
   A continuación, ás 17:30, serán as xuvenís do FisiomásZalaeta, tamén de Liga Galega as que xoguen o seu partido, no que a priori as locais parten como favoritas ante un rival que aínda non estreou o seu casillero de vitorias e que tratarán de que non sexa este o seu día.
   Para finalizar, serán os equipos de 2ª División A os que pechen a xornada as 19:15 nun partido no que as locais, 6 partidos, 4 vitorias, intentarán retomar a senda da vitoria logo da derrota sufrida ante o líder a pasada xornada, e para iso o adestrador Asier García de Dios ten á súa disposición a plantilla ao completo. As de Noia ocupan a cuarta praza aínda que a súa situación pode resultar engañosa xa que vén con tan só catro partidos e 3 vitorias.

ETIQUETAS: