/Mércores con M de Madriña: I. Losada

Mércores con M de Madriña: I. Losada

Coñeces algún mix mellor que o equipo Alevín Azul, a súa madriña Inés Losada, e unha chea de crumble cookies?

  Falaron dos campionatos que gañou (que como Inés precisoulles, ‘tampouco foron moitos’) e sobre os internacionais nos que participou coa Selección Española sub18 e sub20, exercendo ademais como capitá en selección sub18. Non sabemos se foi o efecto ‘internacional’ ou que lles comía a lingua o gato do pavillón, pero como as nenas non lle fixeron ningunha pregunta, pois atacou Inés: de que xogaba cada unha (ou máis ben que lles gustaba máis facer), e que cousas consideraban como bo obxectivo para traballar para a próxima visita. As respostas foron de todo tipo: algunhas sacar, atacar; outras, colocar.

  Por último, e case a parte máis divertida, foi a de unirse ao seu adestramento e estar a facer con elas un pouco de todo, e da mesma forma, ensinándolle elas o que sabían facer. Quizais a proximidade, ou que o balón dá confianza e sóltalle a lingua a calquera, acabaron por facerlle unha primeira e última pregunta a Inés: que ía facer o ano que vén. O seu obxectivo, dobremente formativo, no deportivo pero tamén no académico, é irse a xogar cunha bolsa universitaria a EEUU.

  “Cando lles dixen que ía a Estados Unidos volvéronse tolas: só interésanlles as crumble cookies!”. Por suposto, chegaron a un acordo: nas vacacións de volta, Inés tenlles que traer galletas.