/Xuventude, frescura e talento para renovarse

Xuventude, frescura e talento para renovarse

Continuándo coa configuración da plantilla desta tempada 24-25, seguimos coa rolda de incorporacións.

  Procedentes da Concentración nacional permanente juvenil feminina, do CAEP en Soria chegan Inés Losada, Inés Ignacio e Renata Dogliotti, as tres colleita do 2007.

  Losada, a xogadora coruñesa, que foi a máxima anotadora da SF2 a tempada pasada, volve agora a casa para poñerse ás ordes de Jorge Barrero, despois de clasificarse coa Selección Española sub18 ao Mundial 2025, e de participar no Campionato de Europa sub20. 

  Ignacio, que empezou a xogar en Pontevedra no 2018, participou nos Preeuropeos da súa categoría, así como en torneos internacionais como a Cornacchia World Cup 2023.  Xunto con Losada, proclamouse Campiona de España Junior este verán co Arenal Emevé.

  Dogliotti, de orixe arxentina pero de Albacete de toda a vida, formou parte do combinado nacional xunto con Losada na clasificación do Mundial 2025 sub18, e foi galardoada como MVP na Cornacchia Wordl Cup de 2023. Recala no Zalaeta despois de xogar co Feel Alcobendas os Campionatos de España de Menores.

  Outra das novidades é unha vella coñecida: a outrora cadete do Clube, Noa Pardiñas (A Coruña, 2006) que regresa ao Zalaeta despois de coroarse Campiona de España Junior co Arenal Emevé, facendo equipo con Losada e Ignacio. A xoven receptora ademais inicia os seus estudos de Fisioterapia na UDC. 

  Por último, a fichaxe máis “veterana” é a da colocadora Tania Alvite (Santiago de Compostela, 1998). A picheleira, con experiencia internacional en Holanda, e na SF2 a tempada pasada co combinado ourensán, Aceites Abril VoleiOurense da un salto de calidade e únese á plantilla do Clube formar dupla con Patri Santos.