/Decimoterceira tempada consecutiva para o Clube Instituto Zalaeta na SF2

Decimoterceira tempada consecutiva para o Clube Instituto Zalaeta na SF2

Posta en marcha dun novo curso na división de prata do voleibol nacional un ano máis e xa van trece consecutivos, todos e cada un deles no mesmo grupo de competición regular, o grupo A. Pasarela do Cantábrico, o epicentro de Madrid e a illa de Tenerife como escenarios nos que xogaremos os nosos encontros, con rivais máis que coñecidos dende os últimos anos.
Como único cambio respecto á campaña anterior, despedimos ás nosas compatriotas do Clube Voleibol Ourense, a quen lles desexamos moita sorte esta tempada, e damos a benvida a una vella cara coñecida, o Feel Alcobendas, recén descendido da Liga Iberdrola.

A configuración do grupo queda, pois, da seguinte maneira:
Clube Instituto Zalaeta (Galicia), RCG Covadonga, Club Voleibol Oviedo (Asturies), ADV Astillero, Club Voleibol Torrelavega (Cantabria), UC3M Voleibol Leganés, Feel Alcobendas, CDE VP Madrid, Club Voleibol Torrejón (Madrid), Arona Less4More, Fedes Ascensores La Laguna (Tenerife), Extremadura Arroyo (Extremadura).

Á fronte das do Instituto seguirá o noso director técnico como primeiro adestrador, Jorge Barrero, acompañado como asistentes de David Hermida e Fernando Cueto.   Á conta da preparación física continúa Emilio Salorio, e como estatístico, Chisco Sánchez.


En canto á plantilla desta andadura 2024/2025, empezamos coa rolda de despedidas e agradecementos: cinco das xogadoras do curso pasado non continuarán este ano defendendo as nosas cores.
  Tea ANDRIḈ foi a primeira baixa coñecida por Barrero, pero podíamos dicir que é a “máis doce”: desexámoslle o mellor a Tea na recta final do seu embarazo, e esperamos vela pronto coas rodilleras postas no Barrio das Flores.
  Sara URREA tampouco seguirá entre as colexiais, xa que por motivos persoais e laborais abandona a práctica deste deporte. Sorte no camino que inicias agora, Sara!
A colocadora puertorriqueña Cecilia THON cambia para esta campaña as terras galegas polas murcianas, recalando no FC Cartagena-Algar Surmenor, do grupo C.  Pasa a saúdar antes de volver para Puerto Rico, pequena saltamontes!
Á nosa Emma ORDÓÑEZ non lle decimos ‘adeus’, senón ‘até pronto!’ A boirense, case canteirana da nosa casa, volve ás illas Canarias competir agora co Club Voleibol Aguere, nun novo reto profesional. Vémonos pronto, rubia!
En quinto lugar, porque faino ‘a medias’, Eleonora GUZZI asevereu que agora colga as rodilleras de verdad (e non de mentira), confirmando que vai cumprir co que leva ameazando desque chegou en 2018: retirarse. Por motivos laborais, a central non ía poder manter un compromiso total, malia todo, seguirá vinculada ao Clube, dende a administración, como adestradora de categorías inferiores, e tamén botando una man cando faga falla co Superliga-2. Grazas Ele!