/FINALIZADO O CAMPIONATO GALEGO CADETE

FINALIZADO O CAMPIONATO GALEGO CADETE

  Finalizado o Campionato Galego Cadete disputado esta fin de semana en Quiroga, que se salda co cuarto posto para o equipo do Instituto, que se enfrontou ao Ribeira Sacra no primeiro partido da xornada, no que as monfortinas se impuxeron por 3-1 con parciais: 16-25; 25-18; 18-25 e 21-25. Este resultado situaba ao Zalaeta na loita pola medalla de Bronce no primeiro partido da tarde contra o EMEVE que á súa vez caía derrotado polo Calasancias por un resultado tamén de 3-1.

  Na xornada de tarde de novo o Zalaeta caía derrotado ante o EMEVE por 3-0, con parciais: 25-8; 25-17 e 25-16, levándose as lucenses a medalla de Bronce. Na final impoñeríase o conxunto coruñés de Calasancias que cun 3-0 relegou ao Ribeira Sacra á 2ª posición.

 “A final foi un claro 3-0 para Calasancias, comentanos Andrea Rivas, que coa fichaxe de María Bouza do VP Lugo, e a incorporación das xogadoras da Permanente, María Otero e Lucía, conformaron un bo equipo que se proclamou Campión 2019. O MVP recaeu sobre Lucía, a central de 2 mts do Calasancias, na miña opinión merecidamente”.

 Continúa Andrea, segunda adestradora do Zalaeta, facéndonos un comentario sobre os partidos disputados polo conxunto coruñés.

  Riberia Sacra Vs Zalaeta: Incio complicado, cústanos entrar no partido, cometendo demasiados errros que nos afastan de poder manter o ritmo dun rival que tiña en Carolina Camino a súa mellor arma (29 puntos). Cedemos 25-16. No segundo cambiamos a dinámica, e cunha boa entrada ao saque de Lidia, acompañada doutra racha de Carlota, conseguimos poñernos por enriba e manter o ritmo até facernos co set.

  No terceiro volvimos a baixar as mans e repetir as dinámicas do primeiro, inda que o xogo mellorou, e no cuarto estivemos ahí, pero no conseguimos pechar os puntos chave para poder apretar e forzar o tie break. Cris moveu o banquillo tamén, dando minutos a Laura, Lucía Ferreiro e Lucía Alonso. En global, faltou garra e ritmo constante para poder competir nun partido que , se ben non era imposible, requería estar xogando todo o tempo ao 100% das nosas posibilidades, e non o fixemos.

  EMEVE Vs Zalaeta: Partido pola medalla de bronce que se volveu un mero trámite para as de Mondéjar, que cun bo ritmo no K2, arriscando dende a liña de sauqe e sen cometer erros forzados faise incontestable cos dous primeiros sets, nos que non chegamos a decena de puntos. No terceiro, onde no 24-14, ambos equipos movemos banquillo, é cando o Zalaeta parece coller algo de ganas e maquillar o resultado final, que acaba sendo un claro 3-0 para as de Lugo.

  Pouco que dicir dun partido no que non se loitou. Non se aproveitou a oportunidade, sobre todo de disfrutar todas xuntas xogando. Mencionar que toda as xogadoras participaron en todos os sets, contando con minutos e accions.