/FINALIZA A FASE DE ASCENSO A SF1

FINALIZA A FASE DE ASCENSO A SF1

 

  Ultima xornada celebrada hoxe domingo cos enfrontamentos, en primeiro lugar, entre AD Algar Surmenor Vs Extremadura Arroyo que se disputaban a segunda praza de ascenso. Ambos os conxuntos partían cunha vitoria e unha derrota e loitaban polo triunfo que lle levase a SF1. Impuxéronse as estremeñas por un resultado de 1-3 con parciais 24-26; 20-25; 25-20 e 24-26. Superaron ao rival en ataque 64-50 e en bloqueo, 14-8.

  Desta maneira o Extremadura Arroyo regresa á SF1 con 2 vitorias e unha derrota nesta Fase de Ascenso.

  A continuación pechaba o torneo o partido entre o equipo anfitrión Kiele Socuéllamos e o Autos Cancela Zalaeta, cun equipo local crecido sabéndose xa ascendido e campión da Fase querendo finalizar cun triunfo na súa cancha.

  Impúxose claramente o equipo de David Sánchez cun resultado de 3-0 con parciais: 25-16; 25-15 e 25-20 ante un Autos Cancela Zalaeta moi voluntarioso que trato de opoñerse a un rival superior, pero un mellor ataque local, 39-23 e máis eficacia en bloqueo, 12-5, o triunfo serviu ao Kiele Socuéllamos celebrar o ascenso coa súa afección.

  Fin de tempada para o Zalaeta, estupenda tempada coa participación en Copa Princesa e nesta Fase de Ascenso. Un fito na súa historia deportiva que lle aproxima ao límite das súas capacidades como club e deportivas. Un equipo netamente amateur medíndose con equipos que se saen deste marco, as súas posibilidades económicas e sociais permítelles a creación de proxectos nos que poden reforzar o seu traballo de canteira coa fichaxe de xogadoras que elevan o nivel de xogo nunha categoría, a SF2, que ano tras ano ve como crece o seu nivel competitivo e de clubs que a integran.

  Forzando os límites, enriquecendo a experiencia de club e de xogadoras, é esta unha tempada positiva sen ningún lugar a dúbidas, felicidades para toda a plantilla e corpo técnico.

  Parabéns á o Campión de SF2 e recentemente ascendido á Liga Iberdrola, Kiele Socuéllamos e ao Extremadura Arroyo por esa segunda posición que lle fai acredor da praza de ascenso. Felicitamos ao club organizador pola agradable acollida e a excelente organización do evento.