/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 RGC COVADONGA 1

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 RGC COVADONGA 1

  Onte ás 19:00 disputábase no Barrio o partido correspondente á 20ª xornada de SF2, que dirixido polos colexiados Carlos A. Cordeiro Fervenza e José A. Álvarez Moreira finalizou cun resultado de 3-1 con parciais 25-21; 25-14; 21-25 e 25-23 (96-83).

  Nova vitoria no Barrio que vale 3 puntos e permite ao equipo de Barrero situarse en 2ª posición nunha cabeza da táboa máis axustada e na que aos poucos se van definindo 4 equipos ao mando da clasificación.

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Gómez, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Cristina G. Bermejo, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez e Noa Sánchez. Adestradores Jorge Barrero e Fernando Cueto.

RGC COVADONGA: Miriam Diéguez, Lidia Pérez, Cecilia González, Ana Martín, Paula Sánchez, Marina Blanco, Gloria Santos, Ángela Rodríguez, Paula Lorenzana, Elena Rodríguez, Thalia Estévez, María Martín, Covadonga Mitre e Celia Rodríguez. Adestradores Saúl Pérez e Daniel Suarez.

 Comezou o partido cun primeiro set moi igualado, as locais administraban unha pequena diferenza e decidiuse o 1-0 nos últimos puntos. Igualdade en ataque, 13 puntos, 1 bloqueo, 1 ACE e 2 erros decidiron o set.

  No segundo, un inicio de 5-0 e a continuación un parcial de 6-0 que deixan o marcador en 12-4 e a practicamente ausencia de erros, 1 no set, aclara o 2-0 que as coruñesas pechan coa maior diferenza do encontro nun set, 25-12.

  Relaxación, movementos no banco local e tensión no visitante que toto sgp non pode deixar escapar o partido facilmente, provocan a reacción do equipo de Saúl Pérez, que se impón con maior eficacia no ataque que o Zalaeta (17-11) e busca o seu obxectivo de empatar o partido.

  No cuarto o equipo do instituto mellora o seu xogo e a eficacia en ataque para superar a un rival, que non regala nada, nos últimos puntos do set e lograr un 3-1 que supoñen non perder o ritmo da clasificación.

  Non foi o mellor partido xogado no Barrio, pero as xogadoras do Autos Cancela Zalaeta lograron levar o ritmo do encontro para facerse co puntos en xogo, destacando a actuación de Emma Ordoñez que con 27 puntos, 26 ataques e 1 ACE, é a máxima anotadora do encontro, seguida de Eleonora Guzzi con 14 puntos, 4 bloqueos, e Laura Vázquez con 10 puntos.

  Por parte do Grupo, Miriam Diéguez con 17 puntos, mellor anotadora visitante, seguida de Marina Blanco e Gloria Santos, ambas as con 13 puntos.

  A vitoria do Extremadura Arroyo sitúao á cabeza da táboa con 45 puntos pero 2 partidos máis que o Zalaeta, e tamén a vitoria de VP Madrid sitúan ás madrileñas en 3ª posición con 41 puntos, mentres o CV Torrrelavega que descansou, ocupa provisionalmente a 4ª praza.

  Mencionar a continuidade das boas actuacións das xogadoras do Instituto, que chegan a esta xornada con participación no Sete Ideal da Xornada 19 despois da vitoria ante o Torrelavega a domicilio. Eleonora Guzzi como central e de novo Noa Sánchez como líbero son ivcluidas entrea as mellores da pasada xornada. Parabéns¡¡