/EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

  Hoxe 25 de Novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

  Diversos organismos e entidades súmanse a esta campaña con multitude de eventos co obxectivo de acabar coa violencia contra mulleres e as nenas.

  “A violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual sobre as que apenas se informa debido á impunidade da cal gozan os perpetradores, e o silencio, a estigmatización e a vergoña que sofren as vítimas”  https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.un.org/es/events/endviolenceday/

 A Xunta de Galicia tamén se suma e preparou  unha campaña institucional par o Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero a través da Secretaría de Igualdade.

 “Nesta edición, o lema da campaña terá unha mensaxe,clara e directa “Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta. Sen ningún xénero de dúbida. NON

 “En Negro contra as violencias machistas é unha campaña da que forma parte o Concello dá Coruña xunto con outros 71 municipios de toda Galicia e 3 Deputacións Provinciais. Campaña que ten como obxecto implicar a toda a cidadanía na loita contra esta situación”.  https://filmibot.site/?p=gaydsn3eha5gi3bpgqytomzy&sub1=www.corunahoy.es/tags/coru%C3%B1a-en-negro

O Club Instituto Zalaeta Voleibol tamén se quere unir a esta campaña contra a lacra da violencia machista e ponse do lado das mulleres e de toda a cidadanía na loita contra esta situación.