Décima Xornada de SF2 a que se disputa este sábado no Barrio, e que enfronta ao equipo titular, Autos Cancela Zalaeta, coas canarias do Cuesta Piedra Santa Cruz, quintas as coruñesas con 18 puntos, e 9ª as tinerfeñas con 10 puntos.
O Cuesta Piedra puntuou no seu anterior enfrontamento en casa ante o Leganés, pero cedeu 2 puntos a pasada fin de semana e tratarán de recuperarse na Coruña para abrir oco e aproximarse aos postos da cabeza da clasificación, para iso conta co bo momento de forma de Juliennis Regalado, Máxima Anotadora e Mellor Atacante da xornada pasada con 36 puntos, 32 de ataque, nestes momentos a 2ª mellor oposta nas estatísticas da RFEVB.
En fronte estará o Zalaeta defendendo a súa imbatibilidade no Barrio, co bo sabor de boca que lle deixou a vitoria en Madrid, cun equipo que xoga a gañador nun gran momento de forma que tratará de aproveitar o encontro para levantarse aos primeiros postos da táboa.
De novo as xogadoras son as protagonistas, nesta ocasión é a quenda da central Eleanora Guzzi, que despois do excelente partido realizado ante o Voley Playa con 16 puntos, 4 rebotes, é incluída no Sete Ideal da Xornada. Parabéns!!
En canto ás Ligas Galegas, tampouco hai desprazamentos, todos os partidos xóganse en casa. Xogaranse uns partidos aprazados no seu día.
Comezarán as Infantís A que se enfrontan ao Ribeira Sacra no Barrio o sábado en partido aprazado correspondente á 6ª xornada, nun momento no que as do instituto son 5ª con 8 puntos e as de Monforte ocupan a 3ª praza con 15 puntos.
O domingo, dobre xornada tamén ante o Ribeira Sacra, que disputa o partido de Cadetes de 1ª división ás 10:30 no Pavillón do Instituto. E ás 12:30 o partido de Xuvenís, nun duelo entre os postos altos da clasificiación. Ambos os partidos aprazados, correspondentes á 6ª xornada.
E para finalizar, o Derbi local de 1ª División Senior cun enfrontamento entre o Autos Cancela Zalaeta e o Calasancias Coruña, ás 17:00 no Instituto.