/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 VP MADRID 1

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 VP MADRID 1

  Vitoria do Autos Cancela Zalaeta no Barrio esta tarde ante o VP Madrid, coa que as xogadoras de Barrero conservan a imbatibilidade no Barrio e suman 3 novos puntos que lles fan avanzar na clasificación de SF2.

  O partido comezaba ás 19:00 dirixido polo colexiado F. Barrallo e finalizaba cun resultado de 3-1 con parciais: 25-19; 25-19; 21-25 e 25-21 (96-84).

 AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, María Pedreira, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora Guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Tania Cobos, Lidia Gudge, Antela Couceiro, Inés Rivas, Susana Suarez y Noa Sánchez. Entrenadores Jorge Barrero y Fernando Cueto.

VP MADRID: Marina Saucedo, Alba Hernández, Janna González, Sandra Ortiz, Raquel Estrada, Nazaret Florián, Verónica Marugan, Patricia Muñoz, Esther Iglesias, Carmen Muñoz, Luisa Rodríguez y Celia Benito. Entrenador Sergio Figueroa.

  Comeza o partido cun primeiro set moi igualado no que as diferenzas son escasas, 1 ou 2 puntos que alternan ambos os equipos. A partir do empate a 16, son as locais as que marcan as diferenzas, e con dúas series de 3-0, abren un oco que non superan as madrileñas ante un Zalaeta que foi superior en ataque e no saque, a pesar de cometer numerosos erros.

  No segundo set as de Barrero cometen a metade de erros que no anterior e dominan o marcador de principio a fin, sen deixar que o Voley Playa as iguále en ningún momento. Superando ás rivais en todas as facetas do xogo conseguen o mesmo resultado que no set anterior, 25-19.

  Co partido case decidido, son a de Figueroa as que teñen que reaccionar, e fano. Só un empate: 1-1 e devolven a moeda ás do Instituto que ceden o primeiro set a un mellorado VP Madrid que as supera en ataque e comete menos erros.

  Despois da relaxación do terceiro, o Zalaeta volve meterse no partido no cuarto, e nun comezo igualado, seguindo a tónica do encontro, o Zalaeta logra con Eleonora ao saque, un parcial de 5-0, (1 ACE e 3 puntos de Emma e un erro) que as distancian das madrileñas que non son capaces de superar o marcador e perden o set e o partido.

  Excelente o partido disputado por ambos os equipos no que as locais lograron levar o ritmo e dominaron a un rival nada fácil, que tratou de impoñer o xogo de ataque da súa receptora Nazaret Florián, que 22 puntos é a máxima anotadora do partido con 2 bloqueos e 20 puntos de 58 ataques.

  A pesar diso o Zalaeta superounas en ataque, cunha eficacia do 35% e 51 puntos. A clave pode ser a boa defensa realizada polas de Barrero, o que unido á eficacia na rede, 9 bloqueos e eficacia no saque, 11 ACES deulles o triunfo. Cinco xogadoras superan os 10 puntos: Lidia Gudge, 16, 5 bloqueos; Emma Ordoñez 16, 12 ataques, 3 ACES e 1 bloqueo; Tania Cobos 14, 13 e 1 bloqueo e Eleonora Guzzi e Laura Vázquez 11 cada unha. A actitude e o xogo sen complexos, son as bazas principais do Autos Cancela Zalaeta para obter bos resultados.

  Con esta vitoria de 3 puntos, o Autos Cancela Zalaeta avanza na clasificación e ocupa a 5ª praza. A próxima xornada toca desprazamento a Torrejón, Macohenares Servicasa Torrejón 2ª clasificado.

PARA VER O VIDEO DO PARTIDO  PINCHA  AQUÍ