Xornada matutina de voleibol no Pavillón de Zalaeta que enfrontaba aos equipos xuvenil, cadete e senior do Instituto co Xuvenil Teis.
O primeiro partido comezaba ás 10:00 entre os equipos xuvenís, e finalizou cun resultado de 3-1, favorable ás pupilas de T. Cobos, con parciais 25-18; 25-10; 20-25 e 25-12. Con este resultado o Zalaeta suma 9 puntos de 3 partidos e continúa na 2ª praza a un punto do Ribeira Sacra e empatado con Calasancias Coruña, pero cun partido menos que estes equipos.
A continuación xogaron as cadetes, que dirixidas por Cristina, lograron outra vitoria tamén por 3-1 con parciais: 25-11; 19-25; 25-19 e 25-13. Catro vitorias de catro partidos serven para sumar 12 puntos e compartir a imbatibilidade na cabeza da táboa co Ribeira Sacra, nun dobre empate coa única diferenza dun set favorable ás de Monforte.
Finalizaron a xornada os equipos senior, nun partido no que as visitantes levaron os 3 puntos en xogo ao vencer por un resultado de 0-3 con parciais 19-25; 20-25 e 13-25. O Autos Cancela Zalaeta perde unha posición na táboa a non puntuar hoxe, e é adiantado polo Korbis de Monforte que accede á 2ª praza.
A próxima xornada desprazamento a Santiago para os equipos xuvenil e senior, e a Oleiros para as cadetes.
PARA VER O VIDEO DO PARTIDO DE XUVENÍS PINCHA ...AQUÍ