/SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 CV TORRELAVEGA 2

SF2: AUTOS CANCELA ZALAETA 3 CV TORRELAVEGA 2

 Traballada vitoria de SF2 do Autos Cancela Zalaeta ante o CV Torrelavega no Barrio coa que suma a súa terceira vitoria en casa de tres partidos disputados.

  Comezaba o encontro ás 19:00 dirixido pola colexiada Aroa García e Marcos Folgar, e cunha duración de 01 h 50 m, finalizou cun resultado de 3-2, con parciais: 25-23; 19-25; 25-18; 24-26 e 15-5 (108-97).

AUTOS CANCELA ZALAETA: Patri Santos, Claudia Mariño, Emma Ordoñez, Paula Lema, Andrea Rivas, Eleonora guzzi, Laura Vázquez, Noemí Vázquez, Antela Couceiro, Tania Cobos, Lidia Gudge, Inés Rivas, Susana Suarez y Noa Sánchez. Entrenadores Jorge Barrero y Fernando Cueto.

CV TORRELAVEGA: María Segovia, Carolina Fernández, Cristina Hermosa, Alba Salazar, Paola García, Ana Vergara, Aroa Sánchez,Lara Díaz, Noelia Neila, Andrea Celis, Ana Martín, Alexia Ortiz y Guillenne Vallines. Entrenador Rubén Piquet.

  Merecida a vitoria do Zalaeta nun moi disputado encontro no que a igualdade foi a tónica dominante, ningún dos dous equipos cedía e a igualdade achegaba emoción aos espectadores que gozaron do partido.

  No primeiro set a igualdade marcou os inicios do partido, as diferenzas eran escasas. Un parcial de 4-0 puxo o marcador en 20-15, e ao cabo sentenciou esta primeira manga. As locais comezaran ben, dominando os tempos e o marcador, entraron no segundo set e deixáronse sorprender (0-4), o conxunto de Piquet debía remontar o resultado, e logrouno a pesar dos poucos erros cometidos polas do Instituto, ás que superaron en ataque e sobre todo en eficacia ao saque.

 O terceiro tivo de nova cor local, as de Barrero adiantáronse en todos os parciais. Cunha serie de 5-0 poñen o marcador en 22-15 que xa non dá opcións ás cántabras e soben o 2-1 ao marcador co que xa suman 1 punto dos 3 en xogo.

  Este era o momento do Torrelavega, se quería continuar no partido e ter opcións debía de gañar, e téntao, non permite que o rival se escape, e é só na parte final do set cando as coruñesas abren un pequeno oco que parece que vai decidir o partido ao seu favor, pero co marcador nun 24-23 un tempo morto do adestrador visitante descentra ás xogadoras do Zalaeta e permite que as de Torrelavega gañen no set máis disputado, e empaten o partido.

  E chegamos ao desempate, no quinto o Zalaeta, a pesar de comezar por baixo no marcador, son capaces de remontar, e unha serie de 6-0 sitúa o marcador en 11-4 e tumba ao CV Torrelavega que xa non é capaz de superarse.

  Encontro moi complicado para os dous equipos, o Autos Cancela Zalaeta quería manter a imbatibilidade no seu feudo e as cántabras necesitaban puntuar para manterse na cabeza da táboa, e finalmente vitoria de 2 puntos para as locais e 1 punto para as visitantes, co que ambos os conxuntos logran os seus obxectivos, as do Instituto logran 3 de 3 en casa e o punto logrado polo Torrelavega sérvelle para levantarse ao liderado da clasificación tras a derrota do Torrejón en Arroyo de la Luz.

  Cinco xogadoras do Zalaeta superaron os 10 puntos: Emma Ordoñez con 25 puntos é a máxima anotadora do encontro, Eleonora Guzzi 18, Laura Vázquez, Tania Cobos 11 e Lida Gudge 10. Polo CV Torrelavega María Segovia foi a máxima anotadora con 21 puntos.

 

PARA VER O VIDEO DO PARTIDO   PINCHA  AQUÍ