/PARTIDOS DO FIN DE SEMANA 27 E 28

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA 27 E 28

  Regreso á competición do equipo de SF2 despois dunha xornada de descanso por necesidades do calendario, para un enfrontamento de alto nivel do Grupo A, hoxe sábado no Barrio, ante o colíder da clasificación.

  Visita A Coruña o CV Torrelavega para disputar o encontro correspondente á 6ª xornada cando se atopa na 2ª posición da táboa empatado a puntos co Macohenares Servicasa Torrejón, separados unicamente un set de diferenza. Ambos os equipos xogan fóra de casa e estes partidos decidirán a cabeza da clasificación, polo que se espera un partido complicado no que o Autos Cancela Zalaeta tratará de frear ás cántabras para lograr a súa terceira vitoria como local ante a súa afección.

  O domingo xogaranse os encontros correspondentes á 4ª xornada das Ligas Galegas na que os equipos do Instituto actuarán de locais para disputar os seus partidos no Pavillón de Zalaeta, todos ante o Conavi Xuvenil Teis.

  Abrirán fogo as xuvenís a partir das 10:00, as do Instituto con dous partidos xogados e 2 vitorias, ocupan a 3ª posición da táboa mentres as de Teis están na 9ª posición nun mal comezo da competición.

  O equipo cadete tamén ocupa a 2ª praza con 3 vitorias de 3 partidos, e medirase ao 5ª clasificado ás 11:45. Ambos os equipos estarán pendentes do resultado do Ribeira Sacra, as de Monforte están en 1ª posición nas dúas categorías.

  Para finalizar unha xornada de Voleibol nas instalacións do Instituto, ás 13:30 enfrontaranse os equipos senior. O Autos Cancela Zalaeta, con 2 vitorias de 3 partidos, persegue ao líder da táboa, Calasancias Coruña, neste encontro ante o 7º clasificado.