/RESULTADOS DO FIN DE SEMANA

RESULTADOS DO FIN DE SEMANA

  Finalizada a terceira xornada das Ligas Galegas con sorte dispar para os equipos do Instituto.

  Onte sábado xogábase no Pavillón de Zalaeta o partido que enfrontaba ás cadetes do CV Zalaeta e o Voleibol Lugo, que finalizou cun resultado favorable ás pupilas de Cristina por 3-0 con parciais 25-15; 25-20 e 25-22. Resultado que lle permite continuar na segunda posición nun dobre empate co Ribeira Sacra.

  Hoxe domingo continuaba a xornada cos enfrontamentos das Infantís de D. Hermida en S. Sadurniño, ante o Aldebarán, no que o equipo local fíxose coa vitoria cun resultado de 3-1, con parciais 25-10; 15-25; 18-25 e 15-25. Primeira derrota do equipo do Instituto, ante o líder, que continúa na segunda posición empatado a puntos co Ribeira Sacra.

  O equipo Xuvenil xogaba en Barraña dirixido por Tania, onde logrou un 1-3 ante o Jealsa Boiro Voleibol, con parciais 14-25; 25-23; 22-25 e 15-25. Dúas vitorias de 2 partidos xogados que lle permiten ao Zalaeta ocupar a terceira posición da táboa empatadas con Calasancias.

  E finalmente, o equipo senior enfrontábase en Teis ao Black Voley Vigo. Encontro moi disputado que se decidiu no quinto con repartición de puntos, e que finalizou con vitoria local por 3-2 con parciais 22-25; 25-13; 14-25; 25-11 e 15-12. Segunda praza para o Autos Cancela Zalaeta nunha categoría que lidera, provisionalmente, o Calasancias Coruña.