/DESPLAZAMENTO A ARROYO DE LA LUZ

DESPLAZAMENTO A ARROYO DE LA LUZ

  Estrea ligueira para o Autos Cancela Zalaeta na segunda xornada de Liga ante o Arroyo Extremadura lonxe do Barrio das Flores.

  As coruñesas desprázanse a Arroyo de la Luz para dar comezo oficialmente á tempada 2018-2019 para disputar un complicado encontro a domicilio ante un equipo que se caracteriza precisamente polo seu óptimo rendemento en casa.

  As do Instituto no seu primeiro partido oficial deberán mostrar cal a súa posta a punto, aínda que polo visto nos partidos de pretemporada terán que adaptarse ao nivel de competición a medida que se disputen encontros, o nivel físico é bo para estas alturas da competición e dependerá da capacidade de adaptación ás directrices técnicas que teñan as xogadoras.

  O técnico Jorge Barrero ve ao equipo con posibilidades e móstrase optimista: “Traballamos bastante ben e vexo ao equipo preparado para competir, e se somos capaces de desenvolver o noso xogo, seguro que teremos opcións durante o partido. O comezar gañando sería importante a efectos da moral do grupo, pero agora ao principio o máis importante será ver se somos capaces de competir nunha pista complicada, e desenvolver o xogo no que vimos traballando”.

  O Extremadura Arroyo é un dos equipos que maior cambio experimenta no seu xogo na súa cancha e nos seus desprazamentos, “e mantén practicamente o equipo do ano pasado, continúa J. Barrero, co cambio dunha das súas xogadoras brasileiras por outra, seguro que será un equipo que perderá moi poucos puntos no seu campo, un dos máis complicados da liga, con gran ambiente nas bancadas”.

  O partido, o sábado 29 ás 18:00 no Municipal de Arroyo de la Luz, e o desprazamento, como sempre, a cargo dos inigualables Autocares Cancela que realizarán a súa saída ás 18:30 do venres desde o Instituto Zalaeta.