Continúa a preparación de pretemporada, e continúan os partidos que son os que darán rodaxe ao equipo e permitirán a posta en práctica o realizado nos adestramentos para chegar ao comezo da liga Regular na mellor forma posible.
Nesta ocasión chega o momento da presentación do equipo en casa, na cancha na que se disputará a competición oficial, o Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, como vén sendo habitual en todos estes anos no que o Club Instituto Zalaeta Voleibol milita en SF2. Despois de tres partidos previos con enfrontamentos ante equipos de SF2 e tamén recentemente ascendidos á liga Iberdrola, EMEVE e Madrid Chamberí, nos que se disputaron todos os sets posibles, a preparación é intensa para obter a mellor forma posible.
Mañá recibiremos a visita do RGC Covadonga, equipo veterano na categoría, facendo gala das boas relacións entre ambos os clubs que nos devolven a visita despois de pasar o Zalaeta polo Braulio García na celebración do seu torneo anual.
O equipo do Instituto estará dirixido polo seu técnico Jorge Barrero con Fernando Cueto como segundo adestrador, e formaranno as xogadoras que compoñen o plantilla ao completo (coa ausencia de Susana Suarez por motivos laborais):
Colocadoras: Patricia Santos Fernández, Noemí Vázquez Rodríguez e María Pedreira Ruiz.
Oposta: Claudia Gómez Mariño.
Receptoras: Emma Ordoñez Lojo, Laura Vázquez Méndez, Tania Cobos Fandiño e Susana Suarez Bermúdez de Castro.
Líberos: Paula Lema Costoya, Nóa Sánchez Domínguez e Antela Couceiro Candal.
Centrais: Andrea Rivas Fiel, Eleonora Guzzi, Lida Gudge Cereijido e Inés Rivas Fiel.
O PARTIDO DARÁ COMEZO ÁS 12:00 DA MAÑÁ NO BARRIO DAS FLORES.